InicioSucesosDesarticulado un estaleiro de narcolanchas xunto ao Miño en territorio de Portugal

Desarticulado un estaleiro de narcolanchas xunto ao Miño en territorio de Portugal

O dispositivo iniciouse por mor dunha denuncia por movementos "sospeitosos" no interior dun almacén.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O Comando Territorial de Viana do Castelo, a través o Posto Territorial de Vila Nova de Cerveira, identificou a tres persoas e decomisado oito embarcacións de alta velocidade semirríxidas preparadas para navegar –para o transporte de droga– e sete en avanzada construción, así como seis moldes de embarcacións. Así o recolle un comunicado da Garda Nacional Republicana (GNR), recollido por Europa Press, con respecto a este operativo desenvolvido en Vilanova de Cerveira, xunto ao Miño, nun terreo próximo á fronteira con Galicia.

O dispositivo iniciouse por mor dunha denuncia por movementos “sospeitosos” no interior dun almacén, no que os axentes atoparon a tres homes que, ao percibir a presencial policial, “bloquearon a porta de entrada e encerráronse nas instalacións”.

Con todo, foi posible constatar que se trataba dun almacén adaptado para a construción e reparación de narcolanchas. Atendendo ás características do material detectado e a situación de “sospeita”, foron identificados os sospeitosos, tres homes con idades comprendidas entre os 40 e os 46 anos. Tamén se incautaron do material como medida cautelar.

Os feitos foron comunicados ao Tribunal Xudicial de Viana do Castelo e á Policía Xudicial. Estas actuacións contaron co apoio dos postos territoriais de Caminha e Valença, así como da estrutura de Investigación Criminal do Comando Territorial de Viana do Castelo.

ÚLTIMAS

Dúas persoas trasladadas ao hospital tras un incendio nunha vivenda en Samil

Dúas persoas tiveron que ser evacuadas este luns a un centro hospitalario por inhalación...

O BNG denuncia “opacidade” no custo do desfile das Forzas Armadas e o peche das Travesas

O BNG de Vigo denuncia a "opacidade" do goberno local de Abel Caballero sobre...

Vigo recibe este martes a súa primeira tripla escala de cruceiros con máis de 7.500 turistas

O Porto de Vigo acollerá este martes, día 22 de abril, a súa primeira...

A Xunta e Vicus Gallaecia analizan os retos da mobilidade e urxen un calendario para o AVE Vigo-Porto

O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, participou este luns nun encontro...