InicioEconomíaOs traballadores da zona zul de Vigo manteñen o pulso contra os...

Os traballadores da zona zul de Vigo manteñen o pulso contra os despedimentos

Tres barreiras formadas por axentes da Policía Local impediron o acceso dos empregados de Dornier ao Concello. Os traballadores lamentan que a empresa "non ten o máis mínimo interese en solucionar o conflito cos oito despedidos".

PUBLICADO O

- Advertisement -

Os traballadores da zona azul de Vigo escenificaron este mércores o seu desencontro coa empresa concesionaria, Dornier, pero tamén co Goberno municipal, ás portas do Concello, onde unha inusitada barreira policial lles bloqueou o paso.

Os empregados, que veñen de retomar a folga indefinida iniciada a principios de agosto,  lamentan que a empresa “non ten o máis mínimo interese en solucionar o conflito cos oito despedidos”, botados á rúa tan só un mes despois de que a empresa se fixera co servizo en concurso público.

O sindicato UGT denunciou a actitude “inmobilista, reaccionaria e antisindical” de Dornier.

<c/enter>
A subrogación dos traballadores tras a nova adxudicación é unha condición obrigada no prego de condicións da adxudicación, polo que o Concello de Vigo abriu un expediente á empresa que podería derivar nunha sanción de entre 6.001 e 12.000 euros, pero o Goberno municipal non descarta mesmo rescindir o contrato con Dornier.

De feito, os traballadores esixen o rescate da concesión da Xestión do Estacionamento Regulado (XER) amparándose no que consideran unha “ilegalidade” da medida adoptada pola concesionaria e o “incumprimento” do prego de condicións.

A intención dos traballadores era reunirse hoxe co alcalde, o socialista Abel Caballero; porén, o rexedor non os recibiu e os empregados foron bloqueados por axentes da Policía Local, que despregou un amplo dispositivo para bloquear a súa entrada, con até tres barreiras formadas por axentes. E iso, malia que os traballadores recibiron o apoio do pleno municipal e o compromiso de Caballero de resolver a situación.

ÚLTIMAS

O temporal complica o tráfico aéreo en Vigo: voos desviados, cancelacións e avións que tiveron que regresar a orixe

O temporal que afecta estes días a Galicia tamén obrigou a cancelar e a...

O BNG de Vigo esixe un “cambio radical” no bus urbano ante a perda de 1,3 millóns de viaxeiros

O BNG de Vigo esixiu un "cambio radical" no modelo de transporte urbano da...

Retroceder as praias ou recuar a Administración

O que está a acontecer este inverno na costa da ría de Vigo non...

Un estafador reincidente enfróntase a seis anos de cárcere por falsos alugueres en Vigo

A sección quinta da Audiencia Provincial de Pontevedra, con sede en Vigo, celebrou este...