InicioSociedadeFalecen dúas persoas por COVID na área sanitaria de Vigo

Falecen dúas persoas por COVID na área sanitaria de Vigo

Trátase dunha muller de 87 anos de idade que morreu o pasado 29 de marzo, e dun home de 81 anos, que faleceu o pasado 31 de marzo. En ambos os casos padecían patoloxías previas.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Dous decesos na área sanitaria de Vigo elevaron a 4.114 o número de persoas falecidas con Covid en Galicia, onde os casos activos rexistrados descenderon este mércores ata 754, e onde tamén se reduciu o número de persoas hospitalizadas.

Así, segundo os datos feitos públicos polo Sergas, con información recollida ata as 18,00 horas do martes, o número de persoas falecidas con Covid desde o inicio da pandemia é de 4.114. Os últimos decesos notificados son os de dúas persoas que morreron na área sanitaria de Vigo.

Trátase dunha muller de 87 anos de idade que morreu o pasado 29 de marzo, e dun home de 81 anos, que faleceu o pasado 31 de marzo. En ambos os casos, informou Sanidade, padecían patoloxías previas.

Con respecto ao número de casos activos de Covid notificados en Galicia, nas últimas horas reduciuse a 754 e rexistráronse 53 contaxios novos. Así mesmo, baixaron os pacientes en UCI, de 7 a 5, e os pacientes en unidades convencionais de hospitalización, de 123 a 116.

Por áreas, a da Coruña e Cee rexistra o maior número de persoas con Covid, con 161 casos activos (tres menos que o día anterior); na área de Santiago e Barbanza hai 132 casos (7 menos); na de Vigo, hai 120 casos activos (10 menos); na área de Ourense, Verín e Barco de Valdeorras hai 107 casos (6 máis); na área de Lugo, A Mariña e Monforte, hai 83 casos (un menos); os mesmos que na área de Pontevedra e O Salnés (sen cambios); e na área de Ferrol, a incidencia mantense en 60 casos activos.

Do total de pacientes hospitalizados, hai 5 persoas con Covid en Unidades de Coidados Intensivos: 2 na área sanitaria de Pontevedra, unha na área de Vigo, unha na área de Santiago e unha na área de Lugo.

Desde o inicio da pandemia, curáronse en Galicia 692.599 persoas, e realizáronse máis de 4 millóns de probas PCR e case 3,7 millóns doutro tipo de probas. Ademais, administráronse 7,6 millóns de doses da vacina contra a Covid.

ÚLTIMAS

Almuiña retira as competencias de Urbanismo ao edil de Baiona investigado pola Fiscalía

O alcalde de Baiona, Jesús Vázquez Almuiña, retirou as competencias de Urbanismo, Patrimonio e...

Vigo aproba o retranqueo dos colectores de Balaídos para ampliar Tribuna cara ao Mundial 2030

O goberno de Vigo aprobará finalmente este venres o proxecto para o retranqueo dos...

A investigación polo accidente mortal no Saltamontes de Matamá encara a súa recta final

A investigación xudicial do accidente mortal ocorrido na atracción Saltamontes, en agosto de 2024,...

Un estudo do IEO investiga as especies causantes de floracións de algas nocivas nas Rías Baixas

Un equipo do Centro Oceanográfico de Vigo do Instituto Español de Oceanografía (IEO, CSIC),...