InicioPolíticaO PSOE pide ao Porto que abra a cidade ao mar como...

O PSOE pide ao Porto que abra a cidade ao mar como se fixo “en Nova York”

Critica á entidade xestionada pola Xunta de "estar de costas" aos vigueses.

PUBLICADO O

O PSOE de Vigo instou á Autoridade Portuaria, dependente da Xunta, a deixar de “actuar de costas á cidade” e a transformar a fachada marítima en Beiramar, seguindo o modelo de grandes urbes como Nova York, posibilitando a creación de espazos de esparexemento, zonas verdes e peonís ou o acceso directo ao mar.

Así o manifestou a vicesecretaria da executiva local do partido, María José Caride (que tamén é concelleira de Urbanismo), en declaracións aos medios. Caride constatou que o proceso de transformación no que está inmerso Vigo, da man dos socialistas, necesita da concorrencia doutros axentes, neste caso do Porto, porque “o Concello só non pode desenvolver o que a cidade necesita”.

Respecto diso, sinalou que o novo plan urbanístico pretende que a zona de Beiramar sexa “un novo elemento dinámico” da cidade, con chan residencial, terciario, dotacións públicas. “Pero non podemos se seguimos tendo un Porto que actúa de costas á cidade, cun viario cheo de camións, naves abandonadas (algunhas incendiadas hai anos), espazos de almacén sen ningún coidado arquitectónico,…”, engadiu.

María Xosé Caride subliñou a necesidade de que Porto e cidade vaian “da man“, e reclamou ao organismo portuario que, entre outras actuacións, faga un túnel en Beiramar para liberar a superficie (unha proposta que tanto o Porto como os propios usuarios da terminal rexeitaron hai tempo), que se poida converter Jacinto Benavente “nunha gran avenida e un gran paseo, con accesos peonís ao mar adecuados, permeable coa contorna”.

Así mesmo, referiuse a a obra de recheo no peirao próximo á lonxa, fronte ao Auditorio Mar de vigo, e proclamou que, xa que o Porto está a facer esa “vergoña”, debería destinalo a uso e goce dos cidadáns. A responsable socialista referiuse a actuacións levadas a cabo noutras cidades do mundo, encamiñadas á recuperación das fachadas portuarias, e puxo o exemplo dos peiraos abandonados “en Nova York”, rehabilitados para uso cidadán.

ÚLTIMAS

Outra parada da produción de Stellantis Vigo por falta de pezas

A factoría viguesa do grupo automobilístico Stellantis deterá parte da súa produción na quenda de...

O BNG critica que o Concello “bote á rúa sen alternativa” a 10 sobreviventes do incendio de Alfonso X

O BNG de Vigo criticou este martes que o Concello "bote á rúa sen alternativa" a...

Suspenden a folga de ambulancias prevista en Vigo, Cangas e Moaña para xoves e venres

Os sindicatos CIG, CCOO, USO e FS-TES acordaron suspender a folga na empresa concesionaria...

Caballero e Puente reuníronse para abordar a chegada dos trens Avril

O ministro de Transportes e Mobilidade Sustentable, Óscar Puente, reuniuse este martes co alcalde...