InicioSucesosMorre o peón de 61 anos atropelado o venres por unha moto...

Morre o peón de 61 anos atropelado o venres por unha moto en Vigo

Tamén houbo un ferido en Cambre tras paer do patinete

PUBLICADO O

- Advertisement -

O peón atropelado por unha moto o pasado venres en Vigo faleceu na mañá deste sábado no Hospital Álvaro Cunqueiro, onde foi evacuado tamén o piloto da moto, que continúa ingresado en estado grave.

Segundo confirmou a Policía Local, o falecido é un home de 61 anos que foi arroiado ao redor das 20,30 horas do venres por unha moto cando camiñaba á altura do número 22 da avenida da Florida.

Tras o aviso, desde o 112 Galicia informouse ademais da o persoal sanitario, á Policía Local, á Nacional e aos Bombeiros da cidade. Tanto o peón como o piloto da motocicleta foron evacuados de urxencia ao Hospital Álvaro Cunqueiro, onde durante a mañá do sábado morreu o viandante. Pola súa banda, o condutor da moto continúa hospitalizado en estado grave.

FERIDO EN CAMBRE TRAS CAER DO PATINETE

Por outra banda, tamén este venres pola tarde, o 112 tivo constancia, a través dunha persoa particular, dun accidente cunha persoa ferida en Cambre.

Un mozo caeu dun patinete eléctrico cando circulaba pola estrada que une Cambre e Pravío, moi preto do núcleo urbano de Cambre. Segundo informaba o alertador, o ferido estaba inconsciente.

De inmediato, o 112 Galicia informou o Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, que desprazou ao momento unha UVI móbil, á Garda Civil de Tráfico, á Policía Local, aos efectivos do Servizo de Emerxencias da localidade e aos Bombeiros de Arteixo.

Xa no lugar dos feitos, os efectivos do Servizo de Emerxencias de Cambre indicaron ao 112 Galicia que o mozo fose trasladado polos servizos sanitarios ao centro hospitalario de referencia.

ÚLTIMAS

O condutor falecido tras unha pelexa con outro na A-55 en Mos morreu por un paro cardíaco

A autopsia practicada ao condutor de 52 anos falecido o pasado domingo tras unha...

O goberno de Vigo di que actuou dentro da legalidade tras suspedr o contrato do bus

O Concello de Vigo fixo público este martes un comunicado sobre a suspensión da...

O Concello de Vigo critica o “estado lamentable” da antiga estación de autobuses tras cederlla a Xunta

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou que o Concello aceptará a cesión da...

O BNG esixe explicacións urxentes pola suspensión do contrato do bus de Vigo e alerta de “inseguridade xurídica”

O grupo municipal do BNG anunciou este martes que solicitará a convocatoria dunha Xunta...