InicioEconomíaEmpregadas de H&M desconvocan un dos días de folga ao aceptar a...

Empregadas de H&M desconvocan un dos días de folga ao aceptar a empresa actualizar soldos

O paro quedará reducido á xornada do 8 de abril.

PUBLICADO O

- Advertisement -

As traballadoras das tendas de H&M de Vigo e Pontevedra acordaron desconvocar un dos dous días de folga que anunciaran para esixir o cumprimento do convenio colectivo, tras confirmar a empresa que atenderá esa demanda e que actualizará salarios e pluses.

Así, o paro quedará reducido á xornada do 8 de abril, á espera de que se apliquen eses incrementos de soldo comprometidos e se aumenten as xornadas a 40 horas semanais.

Segundo explicou CIG-Servizos a través dun comunicado, a compañía aceptou tamén abonar os 200 euros da bolsa de vacacións por gozalas fóra do verán. Con todo, queda pendente o aumento de xornadas a 40 horas, o que supón ter un 75 % de contratos a tempo completo, e por iso mantívose a folga do día 8 de abril.

ÚLTIMAS

Vigo acollerá un concerto solidario para axudar a Venezuela

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou este luns a celebración dun concerto solidario...

Desconvocada a folga nas lavandarías dos hospitais da área de Vigo

O comité de empresa e a dirección de Elis Manomatic, que presta o servizo...

O BNG denuncia un “recorte salvaxe” de camas na área de Vigo este verán

O BNG esixiulle á Xunta que "rectifique" o peche de camas e os "recortes"...

Revogada a condena a un pub de Vigo por difundir un vídeo onde se vían dous clientes “en actitude cariñosa”

A Audiencia de Pontevedra estimou un recurso presentado por un local de lecer de...