InicioPolíticaSantiago investigará o accidente do Marisquiño de Vigo

Santiago investigará o accidente do Marisquiño de Vigo

A abstención do PP facilitou que a iniciativa de En Marea e do BNG saira adiante.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Santiago investigará o accidente do Marisquiño acontecido en Vigo. Así o decidiu este martes o Parlamento de Galicia tras aprobar a creación dunha comisión de investigación para determinar as causas e dirimir as responsabilidades políticas.

Unha comisión que foi aprobada grazas á abstención do PP a unha iniciativa presentada por En Marea e o BNG e que contou cos votos en contra do PSdeG. É das poucas veces que os populares permitan que o Parlamento galego constitúa unha comisión de investigación. Unha decisión que chega logo do enfrontamento do presidente galgo, Alberto Núñez Feijóo, co alcalde vigués, Abel Caballero, a conta das responsabilidades deste accidente.

Aínda que a apertura desta comisión na Cámara autonómica foi aprobada cos votos de En Marea e BNG e o “permiso” dos populares, o certo é que a súa portavoz no debate, Teresa Egerique, asegurou que o seu grupo non “impediría” a investigación, pero ao tempo defendeu que os populares non queren “circos”.

Un día antes de coñecer cal sería o sentido de voto dos populares, socialistas vigueses trasladaran unha advertencia: a posibilidade de crear dúas comisións de investigación no Concello –una sobre “a relación de Núñez Feijóo co narcotraficante Marcial Dorado” e outra sobre a “discriminación” e “abandono” da cidade olívica por parte da Xunta de Galicia do PP–.

ÚLTIMAS

O alcalde de Vigo: “Sánchez fará o que mellor lle conveña a España”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, manifestou que o presidente do Goberno, Pedro Sánchez,...

Tensión tras as ameazas dun home armado cun machete en Vigo

Un home armado cun machete xerou momentos de tensión en Vigo tras un incidente...

A Policía Local localiza en Salceda un veciño do Porriño desaparecido desde o xoves

A Policía Local de Salceda de Caselas localizou na tarde deste venres a Vicente...

Conxemar reúne en Vigo expertos internacionais para abordar os retos da pesca antes da apertura da feira

Vigo converterase desde este luns nun dos puntos de encontro internacionais do sector pesqueiro...