InicioVigo e contornaVigoVigo celebrará as VIII Xornadas Nacionais de Investigación en Ciberseguridade no mes...

Vigo celebrará as VIII Xornadas Nacionais de Investigación en Ciberseguridade no mes de xuño

As xornadas celébranse coa colaboración da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, o Nodo Galego de Ciberseguridade Ciber.gal entre outros.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Vigo acollerá en xuño o VIII Xornadas Nacionais de Investigación en Ciberseguridade (JNIC), que levarán a cabo entre os días 21 e 23 dese mes e están organizadas polo centro tecnolóxico Gradiant e o Centro de Investigación en Tecnoloxías de Telecomunicación da Universidade de Vigo, atlanTTic.

Tal como informaron os seus organizadores, este encontro trátase da principal referencia en xeración de coñecemento e innovación de ciberseguridade a nivel estatal, polo que conta co apoio do Instituto Nacional de Ciberseguridade.

É a primeira vez que estas xornadas se desenvolven en Galicia desde a súa posta en marcha en 2015, tras o seu paso por León, Granada, Madrid, San Sebastián, Cáceres e Bilbao. Os participantes poden inscribirse a partir do 10 de abril.

“JNIC é un congreso científico para o intercambio de coñecemento e experiencias no ámbito da ciberseguridade entre académicos, investigadores e empresas. Nesta edición, as xornadas centraranse en tres eixos: investigación, transferencia e formación en ciberseguridade“, indicaron desde a organización.

“No últimos catorce anos, desenvolvemos máis de 45 proxectos no ámbito da ciberseguridade. Hoxe 30 dos nosos 160 profesionais están dedicados a xerar novas innovacións e solucións de seguridade e privacidade. Organizar estas xornadas é un impulso para seguir crecendo neste ámbito”, indicou o director xeral de Gradiant, Luís Pérez-Freire.

As xornadas celébranse coa colaboración da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, o Nodo Galego de Ciberseguridade Ciber.gal, a Rede de Excelencia Nacional de Investigación en Ciberseguridade RENIC, Optar Solutions, ViewNext e a Cátedra R en Ciberseguridade.

ÚLTIMAS

Caballero sobre o Nadal: “A publicidade son eu. Cando a xente ve o meu debuxo, ve Vigo”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, participou este xoves na VI Convención de Turespaña,...

A Xunta insiste no seu apoio ao Mundial en Vigo pero advirte da falta de planificación do concello

O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, remitiulle unha carta ao alcalde...

Un inspector de Policía de Vigo denuncia a existencia dun chat policial con información confidencial de persoas e causas policiais

Un xulgado de instrución do Porriño  abriu dilixencias pola actividade dun chat de Telegram...

A protesta pola vivenda en Vigo non deixa de medrar: xa son 60 tendas e ata 40 persoas durmindo cada noite

A acampada pola vivenda en Vigo acada xa as 60 tendas, nas que cada...