InicioSociedadePiden o recoñecemento "vigués distinguido" para Antonio Collazo

Piden o recoñecemento “vigués distinguido” para Antonio Collazo

Foi un dos referentes do movemento veciñal e sindical de Vigo

PUBLICADO O

- Advertisement -

A Asociación Veciñal de Teis e a unión de xubilados e pensionistas de UGT Vigo, veñen de presentar un escrito para solicitar que se lle conceda a Antonio Collazo o recoñecemento de vigués distinguido a título póstumo.

Antonio Collazo Collazo, veciño de Teis, faleceu o pasado mes de agosto e fora directivo da Asociación Veciñal durante máis de dúas décadas, destacando o seu período como presidente.

“Foi un home entregado, que dedicou máis de 23 anos da súa vida de xeito desinteresado á asociación.”, explican desde o colectivo, que sinalan que se converteu nun dos referentes do movemento veciñal de Vigo pola súa longa traxectoria e implicación.

“Sempre foi unha persoa de ideas de esquerda e comprometido co seu pobo, que participou tamén no movemento sindical“, recordan. Así, foi membro da executiva da federación de químicas e enerxía de UGT Vigo e membro do comité da unión de xubilados e pensionistas. Os promotores da iniciativa poñen en valor tamén a súa faceta humana.

Xa o pasado 28 de xaneiro tivo lugar unha homenaxe no local social da asociación, na que quedou demostrado o recoñecemento que existe na cidade á figura de Antonio Collazo.

ÚLTIMAS

Falece un traballador en Mos tras caer desde altura na parroquia de Sanguiñeda

Un traballador faleceu este mércores no municipio pontevedrés de Mos tras precipitarse ao baleiro...

Vigo traslada a gala da Reconquista ao Auditorio Mar de Vigo para ampliar o aforamento

O Concello de Vigo ultima os preparativos para a gala da Reconquista, que se...

O Celta busca un talismán contra o Real Madrid; a camisola celeste que luciu Madonna no 1990

O Real Club Celta puxo en marcha unha rechamante iniciativa co fin de localizar...

Aqualia confirma metais pesados na auga da traída municipal da parroquia de Beade, en Vigo

A Xunta de Galicia notificou ao Concello de Vigo e á empresa concesionaria Aqualia...