InicioÉxito das xornadas medioambientais en Cangas

Éxito das xornadas medioambientais en Cangas

PUBLICADO O

- Advertisement -

As xornadas pola conservación e posta en valor dos recursos naturais do
Morrazo, organizadas polo Concello de Cangas, duraron catro días e supuxeron un espazo privilexiado para reflexionar sobre o noso patrimonio.

As actividades comezaron no día 23 de abril cunha conferencia no Salón de Plenos ás 20:30 horas sobre os ‘Cogomelos de primavera’, a cargo de Santiago Corral Estévez, membro fundador da Agrupación Micolóxica Naturalista Liboreiro. Unha ponencia que estivo acompañada por unha recompilación de imaxes de cogomelos fotografados no Morrazo ao longo de dez anos.

O martes 24 de abril, ás 20:30 horas no Salón de Plenos, Marisa Castro no seu proxecto “Cogomelos nas dunas” falou da historia da micoloxía das dunas en Galicia, facendo especial fincapé no Morrazo, onde foi pioneiro no estudio do territorio Juan Moldes no ano
1983-84. A profesora tamén explicou as condicións ecolóxicas especiais que significan
os sistemas das dunas e algunhas das especies máis características.

O mércores 25 de abril, ás 20:30 horas no Salón de Plenos, David Álvarez Graña impartiu unha charla sobre a conservación do patrimonio natural nas costas do Morrazo, pola posta en valor dos recursos naturais que atesoura o litoral da comarca, para postularse como alternativa de explotación turística: máis sostible, en convivencia harmónica co territorio e, sobre todo, compatible coa súa conservación.

Por último, remataron o xoves 26 de abril, ás 20:30 horas no Salón de Plenos Bioimaxe, coa intervención de Manuel E. Gari, que centrouse nas distintas actividades que realizan en
Bioimaxe.

Por unha banda, a parte de divulgación, cuxo proxecto estrela foi a
realización do documental O Choco, baixo as ondas da Enseada de San Simón, que foi proxectado.

Tamén tratará a faceta de banco de imaxe, tanto de vídeo fotográfico, do ecosistema
mariño e fluvial, poñendo exemplos de colaboración coas distintas produtoras e
proxectos audiovisuais do papel de Bioimaxe nos estudos de seguimento de especies e
ecosistemas.

ÚLTIMAS

Vox leva ao xulgado os incidentes nunha mesa informativa en Cangas e estuda accións polo acto frustrado de Santiago

Vox presentou este martes unha denuncia ante a sección de instrución do Xulgado de...

Balaídos terá unha ‘Tribuna Iago Aspas’: Caballero anuncia que levará o nome do xogador e terá unha estatua ao seu carón

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou que a bancada de Tribuna do estadio...

Vigo pon en marcha o Nadal: comeza a montaxe dos grandes elementos con case 13 millóns de luces

O Concello de Vigo iniciou este martes a montaxe dos grandes elementos do seu...

Sete meses de prisión por tocarlle o cú a unha menor e agredir a un policía en Vigo

Un home aceptou sete meses e medio de prisión por lle tocar a unha...