InicioCulturaO Festival de Cans recupera forza e recibe un 25% máis de...

O Festival de Cans recupera forza e recibe un 25% máis de curtametraxes que en 2022

Foron un total de 231 curtametraxes as recibidas para concursar na súa XX edición

PUBLICADO O

- Advertisement -

O Festival de Cans recibiu un total de 231 curtametraxes para concursar na súa XX edición, que se celebrará entre os próximos 16 e 20 nesta parroquia do Porriño.

Esta cifra supón un 25% máis que as 187 obras que se presentaron o ano pasado e roza os 255 curtos recibidos en 2019, a edición previa á pandemia que se mantén como a marca de participación. Tal como indicaron os seus organizadores, as obras recibidas aumentaron en todas as categorías, sobre todo na de ficción e animación, chegando ata a cifra de 75 curtametraxes.

Tamén se inscribiron 84 videoclips, 32 obras de non ficción, 20 na categoría de Novas Camadas para menores de 25 anos e 20 no apartado doutras obras, no que se inclúen documentais, longametraxes ou webseries.

Ademais, puxeron o foco en obras enviadas por autores galegos procedentes doutros países como Alemaña, Portugal, Italia, Estados Unidos ou Inglaterra, así como de cidades españolas como Madrid, Barcelona, Pamplona ou Valencia.

“Estes datos reflicten a recuperación do ritmo de produción despois dos anos de atrancos vividos durante a pandemia, nos que o número de obras baixou debido á imposibilidade de realizar rodaxes con normalidade”, indicou a organización do Festival.

Agora, o equipo traballa no proceso de selección das candidatas que entrarán nas diversas categorías da competición. As elixidas optarán aos máis de 11.000 euros en premios que repartirá o festival.

ÚLTIMAS

Vigo, epicentro dunha folga xeral con numerosas mobilizacións en toda Galicia

Os traballadores galegos están convocados este mércores 11 de novembro a secundar unha folga...

Disney+ desembarca no Nadal de Vigo cunha experiencia inmersiva gratuíta e “única”: así será a nova atracción do centro da cidade

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou que Disney+ instalará na rúa Policarpo Sanz...

O PP de Vigo acusa a Caballero de “vetar” un aumento da partida de vivenda

A presidenta do PP de Vigo, Luisa Sánchez, acusou o alcalde, Abel Caballero, de...

Acepta 10 meses de prisión por insultos racistas a unha menor nun bus de Vigo por dicir que “ía nunha patera”

Un home acusado dun delito contra os dereitos fundamentais e contra a integridade moral...