InicioEconomíaAdxudicadas por case 1,3 millóns as obras da primeira fase de humanización...

Adxudicadas por case 1,3 millóns as obras da primeira fase de humanización da Avenida de Galicia de Vigo

O Executivo autonómico busca fomentar a mobilidade sustentable nesta vía de entrada á cidade

PUBLICADO O

- Advertisement -

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade adxudicou por case 1,3 millóns de euros o contrato para as obras da primeira fase de humanización da Avenida de Galicia de Vigo.

En concreto, segundo informou a Xunta nun comunicado, a empresa adxudicataria foi Marconsa, Movemento de Áridos e Construcións de Arousa, que terá un prazo de execución de 12 meses a comezar previsiblemente na segunda quincena de abril.

Precisamente a delegada territorial do Goberno galego en Vigo, Marta Fernández-Tapias, subliñou que o Executivo autonómico busca fomentar a mobilidade sustentable nesta vía de entrada á cidade, a través de actuacións de retardación do tráfico rodado e a mellora dos itinerarios peonís.

“Esta actuación é unha proba máis do compromiso firme da Xunta co barrio vigués de Teis”, reivindicou. O departamento de Infraestruturas da Xunta prevé finalizar a actuación cunha segunda fase que complete a mellora da estrada ata o límite con Redondela, cuxo proxecto xa foi aprobado e contará cun investimento de 4,1 millóns de euros.

ÚLTIMAS

A acampada pola vivenda de Vigo retirará as tendas a partir do 15 de novembro

A Acampada pola vivenda de Vigo, asentada desde o 12 de outubro na Alameda,...

O lume de Camos, entre as queimas autorizadas e o conflito dos bombeiros forestais

O incendio forestal declarado o xoves na parroquia de Camos, en Nigrán, comezou cunha...

Abel Caballero inaugura a conta atrás ata o 25 de decembro: “O Nadal de todo o planeta é a de Vigo”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, inaugurou este sábado un reloxo dixital cunha conta...

“Menos luces e máis vivendas”: máis de 200 persoas saen á rúa en Vigo contra os prezos da vivenda

Máis de 200 persoas saíron este venres ás rúas de Vigo para reclamar o...