InicioSociedadeVeciños de Teis piden máis persoal para a oficina de Servizos Sociais

Veciños de Teis piden máis persoal para a oficina de Servizos Sociais

Esixen ao Concello unha "solución inmediata" que pasa, ao seu xuízo, por dotar de máis persoal administrativo as instalacións e aumentar as traballadoras sociais.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Medio centenar de veciños do barrio vigués de Teis concentráronse na mañá deste venres diante da oficina de Servizos Sociais da zona para denunciar a “falta de persoal” destas instalacións e o “funcionamento baixo mínimos” das mesmas desde hai meses.

Convocados pola Asociación Veciñal de Teis, o foro socio-educativo ‘Os Ninguéns’ e a oficina dos Dereitos Sociais de Coia, veciños do barrio lamentaron que a oficina de Servizos Sociais está pechada os xoves e os venres por falta de persoal administrativo e bedel.

“Esta falta de persoal provoca ademais que o resto da semana, as dúas traballadoras sociais teñan que encargarse a maiores das súas funcións de atender a recepción para abrir e pechar a porta da oficina, ao ter que permanecer pechada por seguridade“, criticou o presidente da Asociación Veciñal de Teis, Anxo Iglesias.

Ademais, a técnica de inclusión que atendía en dita oficina, ao permanecer pechada dous días á semana, ten que derivar aos cidadáns ao Concello. “Esta situación provoca unha diminución dos servizos sociais de Teis, que afecta os veciños que acoden diariamente aos mesmos para tramitar todo tipo de axudas sociais”, engadiu Iglesias. Por iso, esixiu ao Concello unha “solución inmediata” que pasa, ao seu xuízo, por dotar de máis persoal administrativo as instalacións e aumentar as traballadoras sociais.

ÚLTIMAS

Unha mestra menos, 180 escolares e unha comunidade en pé: o conflito educativo que sacode Vigo

Aprender a quitar o abrigo, pedir axuda para ir ao baño, expresar unha necesidade...

Só catro destinos desde Peinador: o PP acusa a Aena e Abel Caballero de “acabar” co aeroporto de Vigo

Un aeroporto é moito máis que unha infraestrutura de transporte. As súas conexións condicionan...

Un exprofesor do Colexio Montecastelo de Vigo, entre os falecidos no accidente ferroviario de Urda

O Colexio Montecastelo de Vigo lamentou nas últimas horas o falecemento de Carlos Ortiz,...

‘Contra o negacionismo da violencia machista’, lema dos actos do 25N en Vigo

O Concello de Vigo presentou este luns a súa programación con motivo do 25N,...