InicioEconomíaO Concello de Vigo construirá 44 vivendas de protección social tras...

O Concello de Vigo construirá 44 vivendas de protección social tras vender dúas parcelas

PUBLICADO O

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou este venres que o Concello venderá dúas parcelas municipais para a construción de 44 vivendas de protección social.

Tal como informou Caballero, estes solares atópanse situados na rúa Vázquez Varela e en Quirós e a venda dos mesmos estará condicionada a varias cláusulas administrativas para que as vivendas que se constrúan neles sexan de protección.

En total, segundo reivindicou o rexedor, elevaranse 44 pisos, e a operación xa conta coa luz verde da xerencia de Urbanismo do Concello.

ÚLTIMAS

Vigo supera de novo os 300.000 habitantes, “de longo a maior cidade de Galicia”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou que a cidade volveu a superar os 300.000 habitantes...

Case nove de cada dez usuarios da Asociación Érguete en Vigo comezou a consumir drogas antes dos 18 anos

Preto do 88% dos usuarios da Asociación Érguete en Vigo comezou a consumir drogas antes...

O BNG de Vigo pide ao Concello a mobilización de 200 millóns de remanentes ante a “ameaza” de bloqueo este ano

O BNG de Vigo urxiu ao goberno local de Vigo que mobilice uns 213...

Abel Caballero celebra a chegada da moi alta tensión eléctrica á cidade: “É o que Stellantis e a cidade quería”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, celebrou este mércores o anuncio da aprobación no Consello...