InicioEconomíaVitrasa denuncia a subida salarial "enorme e desfasada" que pide o Comité...

Vitrasa denuncia a subida salarial “enorme e desfasada” que pide o Comité de empresa nun momento de ctrise

Lamenta a "actitude inflexible" do comité e di que os seus condutores cobran un 37% máis que empregados do sector.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Vitrasa, a concesionaria do transporte urbano do Concello de Vigo, lamentou este luns a “actitude inflexible e prexudicial” do comité de empresa e volveu a insistir en que os seus condutores perciben un salario un 37% máis alto que “calquera outro traballador do sector da provincia de Pontevedra”.

Nun comunicado, a empresa criticou que os empregados continúen coas súas protestas, “que afastan aínda máis a posibilidade de que a compañía alcance unha recuperación tras tres anos consecutivos de perda de viaxeiros derivada do Covid-19″.

“O convenio colectivo de Vitrasa é o máis alto do sector en toda Galicia, o que se traduce en que os condutores de Vitrasa perciben un salario un 37% máis alto que calquera outro traballador do sector da provincia de Pontevedra. A diferenza salarial entre un traballador de Vitrasa e un traballador doutra compañía sitúase, como mínimo, en 10.000 euros anuais, sen ter en conta antigüidade, horas de traballo anuais, ademais doutras vantaxes sociais”, reivindicou a firma.

Para Vitrasa, a solicitude do comité dunha subida salarial “enorme e desfasada” nun momento de perdas económicas e o prexudicar á principal fonte de ingresos que son os viaxeiros “afastan a solución deste conflito cada día máis”. “Coa decisión de alongar este escenario de paros e ameazando cunha folga indefinida o comité segue demostrando a súa desconexión total coa realidade que nos ocupa sen formular propostas nin atopar puntos en común coa organización”, sentenciou a dirección da empresa.

MEDIACIÓN DO CONCELLO

Precisamente este luns a Federación de Asociacións Veciñais de Vigo Eduardo Chao (Favec) reclamou ao Concello de Vigo que medie no conflito que mantén Vitrasa cos seus traballadores, do mesmo xeito que xa o pediron os condutores en reiteradas ocasións, ao tratarse dunha concesión municipal.

A presidenta da entidade veciñal, María Pérez, considera “inadmisible” que o goberno local e o alcalde de Vigo, Abel Caballero, permitan esta situación. “Déronse millóns de euros das contas públicas para que a empresa cargue contra os traballadores no canto de mellorar as súas condicións laborais”, denunciou Pérez nun comunicado.

ÚLTIMAS

Vigo, epicentro dunha folga xeral con numerosas mobilizacións en toda Galicia

Os traballadores galegos están convocados este mércores 11 de novembro a secundar unha folga...

Disney+ desembarca no Nadal de Vigo cunha experiencia inmersiva gratuíta e “única”: así será a nova atracción do centro da cidade

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou que Disney+ instalará na rúa Policarpo Sanz...

O PP de Vigo acusa a Caballero de “vetar” un aumento da partida de vivenda

A presidenta do PP de Vigo, Luisa Sánchez, acusou o alcalde, Abel Caballero, de...

Acepta 10 meses de prisión por insultos racistas a unha menor nun bus de Vigo por dicir que “ía nunha patera”

Un home acusado dun delito contra os dereitos fundamentais e contra a integridade moral...