InicioSociedadeStellantis amplía o seu parón e suspende todas as quendas dunha das...

Stellantis amplía o seu parón e suspende todas as quendas dunha das súas liñas para martes

O Sistema 1 permanecerá parado todo o martes

PUBLICADO O

- Advertisement -

A factoría viguesa do grupo automobilístico Stellantis decidiu ampliar o seu parón dos últimos días e suspendeu todas as quendas dunha das súas liñas tamén para este martes, día 21 de febreiro.

Tal como informou a empresa aos seus traballadores, o Sistema 1 da fábrica, onde se ensamblan os Peugeot 2008 e 301 e o Citroën C-Elysée, permanecerá parado polo menos durante o martes. A compañía indicou que comunicará “canto antes” a data e a quenda de arranque desta liña.

“Pola persistencia dos problemas de aprovisionamento, non se reúnen as condicións para o arranque do Sistema 1“, indicou Stellantis, que tiña a intención de volver operar o martes ás 06,00 horas. Stellantis Vigo detivo a súa produción no Sistema 1 na noite do pasado venres por falta de pezas necesarias para os seus vehículos.

ÚLTIMAS

A falta de compoñentes obriga a Stellantis Vigo a suspender a produción do modelo Peugeot 2000

Stellantis Vigo suspenderá a actividade produtiva do Sistema 1, o que fabrica o Peugeot...

A acampada pola vivenda de Vigo retirará as tendas a partir do 15 de novembro

A Acampada pola vivenda de Vigo, asentada desde o 12 de outubro na Alameda,...

O lume de Camos, entre as queimas autorizadas e o conflito dos bombeiros forestais

O incendio forestal declarado o xoves na parroquia de Camos, en Nigrán, comezou cunha...

Abel Caballero inaugura a conta atrás ata o 25 de decembro: “O Nadal de todo o planeta é a de Vigo”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, inaugurou este sábado un reloxo dixital cunha conta...