InicioMovementos SociaisOs nenos saharauís despídense de Vigo despois das súas Vacacións en Paz

Os nenos saharauís despídense de Vigo despois das súas Vacacións en Paz

PUBLICADO O

- Advertisement -

Con emoción e algo de tristura, as familias de acollida continúan a dicir adeus aos nenos saharauís que desfrutaron a beleza de Vigo e de toda a terriña galega durante dous meses de verán gracias ao programa Solidaridade Galega co Pobo Saharauí, que está pensando traer no futuro tamén a persoas da terceira idade, que non poden soportar as altísimas temperaturas de xullo e agosto.

Regreso dos nenos saharauís á súa terra de nacemento/ Miguel Núñez

Os nenos regresan en tres tandas desde Vigo ata África, resta aínda a última. Na noite deste mércores, as familias tiveron fronte ao Quiñones de León o seu último detalle de cariño cos nenos e nenas.

Regreso dos nenos saharauís á súa terra de nacemento/ Miguel Núñez

Derradeiras palabras e regresar a un Sáhara aínda non libre, un lugar cheo de dificultades e de xente valiosa, xenerosa, alegre. Á hora da comida, deixan un prato libre na mesa por se chega alguén famento. As portas están abertas.

Regreso dos nenos saharauís á súa terra de nacemento/ Miguel Núñez

Ti, occidental,  tes reloxo. Eles teñen tempo. Pertencen a unha cultura diferente a descubrir. Coñecen as tormentas de area e centos de cousas que nós non, e á inversa. Por iso foi unha riqueza para todos por igual, que estes nenos visitaran Vigo e as nosas casas foran visitadas por eles.

Regreso dos nenos saharauís á súa terra de nacemento/ Miguel Núñez

E coñecer outra maneira de falar, de ollar, de transmitir e sentir. Por eso, na despedida, as miradas reflicten tristura, por todo o que saben que lles vai faltar, e tamén sabedoría.

Regreso dos nenos saharauís á súa terra de nacemento/ Miguel Núñez

Agora, nenos e familias retoman as súas vidas e agardan vivir esta experiencia un ano máis.

Regreso dos nenos saharauís á súa terra de nacemento/ Miguel Núñez

ÚLTIMAS

Bombeiros de Bueu e helicóptero salvamento dende Viveiro para acudir a un rescate en montaña en Gondomar

O grave accidente dun escalador no monte do Galiñeiro este domingo volveu poñer en...

Traballadores de Iberconsa mobilízanse en Vigo para esixir un convenio propio que mellore o marco estatal

O malestar laboral trasládase ás portas do sector do mar en Vigo. Traballadores de...

Atopan morta a unha persoa na piscina dunha vivenda en Redondela

O 112 informou este luns de que foi localizado o corpo sen vida dunha...

Alfonso Rueda celebra o traslado de 7.800 pacientes de Povisa ao Álvaro Cunqueiro

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, afirmou que 7.800 persoas decidiron cambiar a súa...