InicioO Concello de Arbo xunto con asociacións de afectados presentan alegacións contra...

O Concello de Arbo xunto con asociacións de afectados presentan alegacións contra unha liña de alta tensión

"O Concello de Arbo, as asociacións afectadas e o veciños de Arbo seguimos mantendo a postura de rexeitamento deste trazado polo municipio", sentenciaron afectados e Concello.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O Concello de Arbo e as asociacións afectadas acaban de remitir á Secretaría de Estado de Enerxía do Goberno de España alegacións en contra da liña de alta tensión. Tras coñecerse a resolución do Executivo central, o goberno local e dúas asociacións afectadas procederon a interpor recurso de alzada con respecto ao extremo relativo ao outorgamento de autorización administrativa previa.

Segundo lamentou o Concello nun comunicado, existe unha “ampla contestación social” por parte dos veciños do municipio con respecto da implantación da citada infraestrutura nos termos proxectados por Rede Eléctrica, que mantén a liña de forma aérea. “O Concello de Arbo, as asociacións afectadas e o veciños de Arbo seguimos mantendo a postura de rexeitamento deste trazado polo municipio”, sentenciaron.

ÚLTIMAS

Collen a un neno de 13 anos conducindo o coche da súa nai en pleno centro de Vigo

Axentes da Policía Local interceptaron o pasado mércores pola tarde a un menor de...

O Heraldo do Desconcerto: A Pinta en Baiona

O horizonte de Baiona, aquel 1 de marzo de 1493, non agardaba milagres. O...

Vigo humanizará os accesos á ermida da Guía

A xunta de goberno local de Vigo aprobará este venres a humanización dos accesos...

O PP de Vigo esixe a revisión urxente dos danos causados polos temporais na cidade

O PP de Vigo reclamou ao goberno municipal que proceda a revisar "canto antes"...