InicioVigo e contornaVigoUnha muller indemnizada con máis de 9.000 euros polo Concello de Vigo...

Unha muller indemnizada con máis de 9.000 euros polo Concello de Vigo por unha caída debida a unha lousa solta

Na súa resolución, o Concello admite como acreditado que a muller sufriu unha caída no lugar e o momento referido, tal e como figura nos informes policiais.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O Concello de Vigo indemniza en máis de 9.000 euros a unha muller maior que, o pasado 5 de agosto de 2021, sufriu unha caída na vía pública, ao bater cunha lousa levantada na rúa Aragón.

A muller, a través da súa letrada, Ana Quiroga (directora fundadora de QV ABOGADOS), presentou unha reclamación ante a administración municipal, que estimou a súa petición de responsabilidade, aínda que fixou a indemnización en algo menos do que reclamaba a prexudicada.

Na súa resolución, o Concello admite como acreditado que a muller sufriu unha caída no lugar e o momento referido, tal e como figura nos informes policiais. Así mesmo, recoñece os danos que esta sufriu, aínda que fai unha valoración, a través dun perito externo, lixeiramente inferior.

Con respecto á relación de causalidade entre o accidente e o estado da beirarrúa, sinala que “resulta obvio” que había un dano na vía pública sen sinalizar (tal e como se reflicte nas fotografías do atestado policial), polo que estima a reclamación e fixa unha indemnización de 9.112,49 euros, en base aos danos e secuelas da reclamante.

ÚLTIMAS

Unha investigación iniciada en Vigo destapa unha rede que enganaba migrantes con falsas ofertas de emprego

Unha investigación da Policía Nacional iniciada en Vigo permitiu desmantelar unha rede dedicada a...

O Concello reforza servizos para facilitar a regularización

O Concello de Vigo reforzou o servizo de atención ao público para "atender ao...

O Concello activará un dispositivo permanente para situacións de violencia de xénero

O Concello de Vigo activará o 1 de maio un novo dispositivo de acollemento...

Dous furtivos reinciden dúas noites seguidas mariscando ilegalmente en Teis

Axentes da Policía Local de Vigo identificaron a dous mariscadores furtivos que estaban a...