InicioSucesosA terceira gran colisión múltiple en menos dun mes provoca novas retencións...

A terceira gran colisión múltiple en menos dun mes provoca novas retencións na AP-9 en Teis

PUBLICADO O

- Advertisement -

Unha colisión por alcance, na que se viron implicados catro vehículos, causou retencións á primeira hora da mañá na autoestrada AP-9, na súa entrada á cidade de Vigo, á altura da parroquia de Teis.

Segundo informaron fontes do 112 Galicia e da DXT, o accidente tivo lugar antes das 9,00 horas, nun dos túneles da autoestrada, en dirección a Portugal, e saldouse con dúas persoas feridas.

O CIAE 112 Galicia informou do sucedido a Urxencias Sanitarias 061, á Garda Civil de Tráfico, Policía Local e bombeiros de Vigo, Protección Civil e persoal da autoestrada.

Das dúas persoas feridas, unha foi atendida polos sanitarios no lugar do accidente, mentres que outra tivo que ser evacuada a un centro médico. Fontes da DGT informaron de que, tras retirarse os coches sinistrados á beiravía, a circulación xa volveu á normalidade.

ÚLTIMAS

Vigo activa a prealerta por seca e restrinxe o uso da auga en baldeos, regos, fontes e duchas das praias

O Concello de Vigo activou a situación de prealerta por seca e adoptou medidas...

Vigo acollerá un concerto solidario para axudar a Venezuela

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou este luns a celebración dun concerto solidario...

Desconvocada a folga nas lavandarías dos hospitais da área de Vigo

O comité de empresa e a dirección de Elis Manomatic, que presta o servizo...