InicioCulturaA Deputación de Pontevedra celebrará o Día de Rosalía o 24 de...

A Deputación de Pontevedra celebrará o Día de Rosalía o 24 de febreiro “como merece, ao grande”

A Deputación de Pontevedra conmemorará o Día de Rosalía "como merece, ao grande", con senllos actos no Pazo Provincial o 23 de febreiro, ás 17,30 horas, e na sede de Vigo o 24 de febreiro, ás 19,00. Será un espectáculo multidisciplinar conducido pola actriz Mónica Camaño, con ilustración, poesía e música.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A Deputación de Pontevedra conmemorará o Día de Rosalía “como merece, ao grande”, con senllos actos no Pazo Provincial o 23 de febreiro, ás 17,30 horas, e na sede de Vigo o 24 de febreiro, ás 19,00. Será un espectáculo multidisciplinar conducido pola actriz Mónica Camaño, con ilustración, poesía e música.

A presidenta da Deputación, Carmela Silva, acompañada das responsables de Cultura e Lingua, Vitoria Alonso e María Ortega, presentou este venres os actos organizados pola institución provincial para homenaxear ao “buque insignia da nosa cultura, da nosa lingua e das nosas letras”, cuns actos que este ano volven contar coa colaboración da Casa de Rosalía e da Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG).

A programación prevista “homenaxeará á autora e porá en valor o seu papel como un dos primeiros referentes do feminismo en Galicia”. A Deputación de Pontevedra lanza unha serie limitada de azulexos artesáns obra de Lucía Ares, da firma silledense ‘Coas Mans Artesanía’, que serán o agasallo institucional.

En Pontevedra, co acompañamento do presidente da Fundación Rosalía de Castro, Anxo Angueira, plantarase nos xardíns anexos ao Pazo unha figueira filla da árbore monumental e singular dos tempos de Rosalía que vive na Casa da Matanza, en Padrón (A Coruña).

A continuación, no salón de plenos, Carme Adán lerá o manifesto da AELG. Repartiranse, como cada ano, exemplares de camelia e dos libros da Colección Cíes (dos talleres de poética de San Simón) ‘A conversa expansiva’ e ‘Dicir unha illa’.

O artista Marcos Escudeiro, os poetas Alba Cid e María Lado, e as intérpretes Margarita Mariño e Alba Barreiro farán un recitado poético con música en directo e ilustracións feitas en area.

En Vigo, o acto repetirase o día 24 coa lectura do manifesto da AELG por parte de Xavier Queipo. Nos actos entregaranse flores da camelia e exemplares dos libros da Colección Cíes.

CONCURSO ESCOLAR

Ademais, o departamento de Cultura organiza unha nova edición do concurso escolar ‘A nosa Rosalía’ para centros de Primaria e Educación Especial da provincia, que teñen que realizar ‘collages’ feministas con materiais reciclables sobre a vida e obra de Rosalía. A Deputación tamén organiza unha visita guiada ao xardín de camelias do Castelo de Soutomaior o 23 de febreiro centrada na camelia Rosalía de Castro.

O departamento de Lingua desenvolverá máis actividades prolongadas no tempo como a segunda edición do programa ‘Rosalía, a súa casiña, ou meu lareira’ de visitas escolares a Cásaa-Museo e, en abril, instalarase no vestíbulo do Pazo provincial a exposición ‘Nasín cando as prantas nasen. O herbario de Rosalía’.

ÚLTIMAS

Fin á folga en Radioloxía en Vigo: o Sergas acepta sumar un terceiro médico de garda

O Servizo Galego de Saúde (Sergas) e radiólogos de Vigo alcanzaron este xoves un...

Morre apuñalado un home na antiga estación de bus en Vigo

Un home faleceu na tarde deste xoves en Vigo tras ser apuñalado na contorna...

Caballero arremete e eleva a batalla polo Mundial 2030: “A Xunta non quere pagar Balaídos”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, volveu cargar contra a Xunta, asegurando que "non...

Vigo paraliza idea dunha facultade de Medicina tras o preacordo para a docencia descentralizada

A Xunta de Galicia e os reitores das tres universidades galegas acadaron un preacordo...