InicioSociedadeUn alumno do Colexio Mariano de Vigo gaña un concurso de tradución...

Un alumno do Colexio Mariano de Vigo gaña un concurso de tradución convocado pola Comisión Europea

Foron os tradutores da Comisión os que seleccionaron a 27 persoas gañadoras. En España, foi Fernando González Ferreiros o que resultou vencedor de entre 262 estudantes presentados de 59 centros.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Fernando González Ferreiros, un alumno do Colexio Plurilingüe Mariano de Vigo, é o gañador en España da 16ª edición do concurso de tradución ‘Juvenes Translatores’ convocado pola Comisión Europea. A entrega de premios será Bruxelas o próximo 31 de marzo.

Segundo informa o Executivo comunitario, houbo un total de 2.883 participantes que puxeron a proba os seus coñecementos lingüísticos e optaron por traducir un texto entre dous das 24 linguas oficiais da Unión Europea. Das 552 combinacións lingüísticas dispoñibles, os alumnos das 681 escolas participantes empregaron 141.

Foron os tradutores da Comisión os que seleccionaron a 27 persoas gañadoras, unha por cada país membro, así como 287 mencións especiais. En España, foi Fernando González Ferreiros o que resultou vencedor de entre 262 estudantes presentados de 59 centros.

ÚLTIMAS

Un estudo do IEO investiga as especies causantes de floracións de algas nocivas nas Rías Baixas

Un equipo do Centro Oceanográfico de Vigo do Instituto Español de Oceanografía (IEO, CSIC),...

Rescatadas seis persoas que se atopaban a bordo dun veleiro a 155 millas de Vigo

Gardacostas de Galicia, no helicóptero Pesca 1, rescatou este mércores a seis persoas que...

A CIG chama a lanzar un “berro de non á guerra coherente” este 1 de maio en Vigo

A CIG chama a lanzar un "berro de non á guerra" este 1 de...

O PP reprocha a Caballero que presuma de “potencia turística”

A presidenta do PP de Vigo e portavoz municipal 'popular', Luisa Sánchez, reprochou este...