InicioSociedadeDescartado o estado catatónico do presunto asasino de Baiona que é "consciente...

Descartado o estado catatónico do presunto asasino de Baiona que é “consciente da súa contorna”

Horas despois de chegar ao hospital, e unha vez valorado polos médicos, recibiu a alta. Na mañá deste xoves foi trasladado novamente aos xulgados da cidade olívica.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O informe realizado pola área de psiquiatría do hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo descartou que o home detido como presunto autor do asasinato do seu expareja en Baiona, Ángel R.D., estea en estado catatónico e conclúe que é apto para declarar ante o xulgado.

Así o trasladou, en declaracións aos medios, o seu letrado Saúl Vidal, quen explicou que os médicos determinaron que o detido era consciente da súa contorna e mesmo, cando estivo no hospital, “moveuse varias veces cambiando de posición”.

“Os médicos non consideran que estea en estado catatónico, polo que se desprende do seu informe está apto para declarar, pode declarar perfectamente”, explicou este avogado.

O letrado tamén recoñeceu que o seu cliente o ten “moi moi complicado” e que o máis probable é que se determine o seu ingreso en prisión provisional. “Eu oporeime, pero o máis probable é que o ingresen provisionalmente en prisión, porque non existe soporte pericial algún que diga o contrario”, engadiu.

Ángel R.D. foi trasladado desde a comandancia da Garda Civil de Pontevedra aos xulgados de Vigo na mañá deste mércores. Con todo, tras ser avaliado polos servizos forenses e tras as peticións das partes, o Xulgado de Violencia sobre a Muller acordou o seu traslado ao hospital Álvaro Cunqueiro para a realización dunha avaliación psiquiátrica.

Horas despois de chegar ao hospital, e unha vez valorado polos médicos, recibiu a alta. Na mañá deste xoves foi trasladado novamente aos xulgados da cidade olívica.

ÚLTIMAS

Un estudo do IEO investiga as especies causantes de floracións de algas nocivas nas Rías Baixas

Un equipo do Centro Oceanográfico de Vigo do Instituto Español de Oceanografía (IEO, CSIC),...

Rescatadas seis persoas que se atopaban a bordo dun veleiro a 155 millas de Vigo

Gardacostas de Galicia, no helicóptero Pesca 1, rescatou este mércores a seis persoas que...

A CIG chama a lanzar un “berro de non á guerra coherente” este 1 de maio en Vigo

A CIG chama a lanzar un "berro de non á guerra" este 1 de...

O PP reprocha a Caballero que presuma de “potencia turística”

A presidenta do PP de Vigo e portavoz municipal 'popular', Luisa Sánchez, reprochou este...