InicioMovementos SociaisDenuncian fochancas, gretas no asfalto e ata afundimentos de terreo en Vigo

Denuncian fochancas, gretas no asfalto e ata afundimentos de terreo en Vigo

A Favec denuncia o "estado de abandono" dos barrios e parroquias de Vigo e critica que o Concello "non escoite".

PUBLICADO O

- Advertisement -

A Federación de Asociacións Veciñais de Vigo Eduardo Chao (Favec) denunciou o “estado de abandono” dos barrios e parroquias do municipio olívico e denunciou que o Concello “non escoita” as peticións dos colectivos.

Nun comunicado, a Favec lamentou a cantidade de danos que existen nas estradas das parroquias viguesas, con beirarrúas sen renovar desde hai anos, fochancas e gretas no asfalto e ata afundimentos de terreo.

A presidenta da asociación, María Pérez, destacou que se trata dunha queixa recorrente, polo que esixiu ao goberno local de Abel Caballero que leve a cabo traballos de mantemento nestas zonas.

Pedimos que se prioricen estas reclamacións fronte a outras non tan urxentes“, engadiu, indicando que se o rexedor recibise ás asociacións, os veciños non terían que sufrir situacións “aberrantes” como a do muro de Freixeiro, apontoado desde outubro de 2019, o que impide utilizar a vía.

Precisamente veciños de Valladares e Beade tamén protestaron no seu día polas obras levadas a cabo polo Concello nas súas parroquias, onde se construíron beirarrúas en certas vías pero non se repuxo o asfalto, deixando as estradas con grandes fochancas e beirarrúas novas.

ÚLTIMAS

‘Quero ser investigadora’, historias de mulleres investigadoras que triunfan na Universidade de Vigo

A Universidade de Vigo afianza o seu compromiso coa divulgación científica e co fomento...

Falece un tripulante ao caer ao mar tras chocar a súa embarcación contra as bateas en Redondela

Un tripulante dunha embarcación de recreo que navegaba pola ría de Vigo na zona...

O PP de Vigo levará ao pleno a imputación da concelleira de Seguridade polo accidente do Saltamontes

A presidenta do PP e portavoz do grupo municipal 'popular' de Vigo, Luisa Sánchez,...

Un ferido tras envorcar co seu coche na avenida Arquitecto Antonio Palacios en Vigo

Unha persoa resultou ferida na tarde deste luns en Vigo tras envorcar o seu...