InicioPolíticaRueda reitera a petición de sete trens AVE ao Goberno central dos...

Rueda reitera a petición de sete trens AVE ao Goberno central dos trinta que se están fabricando

"Creo que é de absoluta xustiza despois de tantos e tantos anos, despois de tantas e tantas promesas, despois de tantos e tantos gobernos", declarou o presidente da Xunta.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, insistiu este luns en pedir ao Goberno central que destine a Galicia sete dos 30 trens que está a construír na actualidade para que o AVE chegue “dunha vez e en condicións” ao resto de cidades galegas ademais da Ourense.

Así o sinalou o líder autonómico en declaracións aos medios de comunicación tras a visita ás obras da nova residencia de Aspanaex en Vigo, onde explicou que na carta enviada á ministra de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana, Raquel Sánchez, pediu “o que lle corresponde” á Comunidade.

Neste sentido, urxiu un “compromiso expreso” do Executivo de Pedro Sánchez para que se destinen a Galicia sete trens, o que permitiría aumentar en dous as frecuencias diarias entre Vigo e Madrid e entre Coruña e Madrid.

Os outros tres convois serían destinados á substitución dos actuais, para evitar realizar cambios de vías e así reducir o tempo dos traxectos.

“Creo que é de absoluta xustiza despois de tantos e tantos anos, despois de tantas e tantas promesas, despois de tantos e tantos gobernos. Que chegue dunha vez a alta velocidade e que chegue en condicións”, subliñou, tras indicar que Galicia foi a rexión española onde máis aumentou o uso do ferrocarril para desprazarse a Madrid, cun crecemento do 70%.

De nada serviría que (o AVE) chegase sen os trens suficientes”, engadiu, subliñado que a Comunidade “ten dereito” a que os trens que reciba sexan os que dispoñan das mellores tecnoloxías.

Ademais, aseverou que tamén pediu a Raquel Sánchez poder ir coñecer os trens que se están construíndo e as probas que se están realizando e que estableza uns prazos de entrega.

ÚLTIMAS

O BNG esixe retirar o Plan de Igualdade de Vigo por falta de consenso e un atraso de 14 anos

O grupo municipal do BNG en Vigo pediu a retirada da proposta do V...

Uruguai rescinde o contrato con Cardama por “incumprimentos graves” e anuncia accións xudiciais

O presidente de Uruguai, Yamandú Orsi, anunciou que o seu Goberno rescindiu o contrato...

Concello e Zona Franca blindan o futuro de Balaídos coa prórroga da bancada de Río ata 2080

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, e o delegado de Zona Franca, David Regades,...

Collen a un neno de 13 anos conducindo o coche da súa nai en pleno centro de Vigo

Axentes da Policía Local interceptaron o pasado mércores pola tarde a un menor de...