InicioVigo e contornaVigoTanxugueiras abrirán o Entroido de Vigo cun concerto o 17 de febreiro

Tanxugueiras abrirán o Entroido de Vigo cun concerto o 17 de febreiro

Segundo explicou Abel Caballero, as festas comezarán ese venres a partir das 18,30 horas con pasacalles polo centro da cidade, e coa Entronización do Meco ás 20,00 horas.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O Entroido 2023 abrirá o seu programa de actos en Vigo cun concerto de Tanxugueiras o próximo 17 de febreiro, a partir das 20,30 horas, na Porta do Sol, tal e como avanzou este xoves en rolda de prensa o alcalde da cidade, Abel Caballero.

Segundo explicou o rexedor, as festas comezarán ese venres a partir das 18,30 horas con pasacalles polo centro da cidade, e coa Entronización do Meco ás 20,00 horas, xusto antes do concerto.

O sábado tamén haberá pasarrúas pola tarde e, a partir das 18,00 horas, o desfile de comparsas e carrozas, que sairá de García Barbón, entre Sanjurjo Badía e Isaac Peral, para discorrer polo centro e acabar no cruzamento de Policarpo Sanz con Reconquista. As inscricións para participar abriranse o 10 de febreiro.

Xa o domingo, pola mañá celebrarase a carreira de San Silvestre que quedou posposta desde fin de ano pasado debido ao mal tempo, e pola tarde de novo o centro será escenario de pasacalles, actividades de animación infantil e unha chocolatada.

O luns 20 de febreiro volverá a animación ás rúas do centro, e terá lugar o concurso de disfraces, este ano en Porta do Sol; e ás 20,00 horas, actuará a orquestra A Travesía. O martes de Entroido terá lugar a Queima do Meco; e o mércores o Enterro. Con todo, o rexedor anunciou que haberá máis actividades e sorpresas que as avanzadas este xoves.

ÚLTIMAS

Unha mestra menos, 180 escolares e unha comunidade en pé: o conflito educativo que sacode Vigo

Aprender a quitar o abrigo, pedir axuda para ir ao baño, expresar unha necesidade...

Só catro destinos desde Peinador: o PP acusa a Aena e Abel Caballero de “acabar” co aeroporto de Vigo

Un aeroporto é moito máis que unha infraestrutura de transporte. As súas conexións condicionan...

Un exprofesor do Colexio Montecastelo de Vigo, entre os falecidos no accidente ferroviario de Urda

O Colexio Montecastelo de Vigo lamentou nas últimas horas o falecemento de Carlos Ortiz,...

‘Contra o negacionismo da violencia machista’, lema dos actos do 25N en Vigo

O Concello de Vigo presentou este luns a súa programación con motivo do 25N,...