InicioSociedadeO TSXG rebaixa a 70.000 euros a indemnización a un bebé de...

O TSXG rebaixa a 70.000 euros a indemnización a un bebé de Vigo que naceu cunha patoloxía xenética

Anteriormente, o Xulgado do Contencioso-Administrativo número 2 de Vigo, fixou no seu día a indemnización en 400.000 euros, 200.000 euros para o neno e 100.000 euros para cada proxenitor.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) reduciu de 400.000 euros a 70.000 euros a indemnización á familia dun bebé de Vigo que naceu cunha patoloxía xenética, despois de que non se lle diagnosticase durante o embarazo.

Así, a Sala do Contencioso do TSXG estimou o recurso de apelación interposto polo Servizo Galego de Saúde (Sergas) e revogou a sentenza do Xulgado do Contencioso-Administrativo número 2 de Vigo, que fixou no seu día a indemnización en 400.000 euros, dos cales 200.000 euros serían para o neno e 100.000 euros para cada proxenitor.

Agora, marcouse unha nova cantidade de 70.000 euros, 30.000 euros para o bebé e 20.000 para o pai e a nai, o que implica a estimación parcial do recurso.

Todo iso porque os pais non foron “debidamente informados” as probas que se lle poderían realizar á nai para pescudar se o neno tiña algunha enfermidade dese tipo durante o embarazo.

Na súa sentenza, o TSXG explica que o maxistrado vigués optou por unha contía maior seguindo o exemplo doutra resolución do TSXG por un caso similar.

Con todo, “non pode compartirse a conclusión alcanzada” xa que no caso deste bebé o que pretende indemnizarse é unha falta de información á gestante e un dano moral derivado da falta de información da existencia dunhas probas médicas, que non estaban indicadas polo protocolo.

“Así, naquel caso, o menor tiña unha patoloxía máis grave, e tiña problemas de mobilidade. Así mesmo, naquel caso os pais manifestaran expresamente a súa vontade de interromper o embarazo, se a patoloxía diagnosticouse correctamente, como, por outra banda, xa fixeron cunha xestación anterior en circunstancias similares. Estas circunstancias non concorren no presente caso”, sentencia o TSXG, polo que reduciu a indemnización.

ÚLTIMAS

Unha mestra menos, 180 escolares e unha comunidade en pé: o conflito educativo que sacode Vigo

Aprender a quitar o abrigo, pedir axuda para ir ao baño, expresar unha necesidade...

Só catro destinos desde Peinador: o PP acusa a Aena e Abel Caballero de “acabar” co aeroporto de Vigo

Un aeroporto é moito máis que unha infraestrutura de transporte. As súas conexións condicionan...

Un exprofesor do Colexio Montecastelo de Vigo, entre os falecidos no accidente ferroviario de Urda

O Colexio Montecastelo de Vigo lamentou nas últimas horas o falecemento de Carlos Ortiz,...

‘Contra o negacionismo da violencia machista’, lema dos actos do 25N en Vigo

O Concello de Vigo presentou este luns a súa programación con motivo do 25N,...