InicioSociedadeVixiantes de seguridade "sálvanlle a vida" a unha persoa grazas a un...

Vixiantes de seguridade “sálvanlle a vida” a unha persoa grazas a un desfibrilador nun centro comercial de Vigo

Vixiantes de seguridade dun centro comercial vigués auxiliaron o pasado sábado a un cliente que comezou a sentirse indisposto grazas ao uso dun desfibrilador e o seu posterior traslado a un centro hospitalario.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Vixiantes de seguridade dun centro comercial vigués auxiliaron o pasado sábado a un cliente que comezou a sentirse indisposto grazas ao uso dun desfibrilador e o seu posterior traslado a un centro hospitalario.

Segundo informou UXT, os feitos ocorreron ao mediodía, na planta sexta do Corte Inglés de Vigo, onde unha persoa empezou a atoparse mal e foi atendido polo persoal de seguridade que “lle salvou a vida”. Apoiados por outra clienta, dada a gravidade do estado da persoa e ante os síntomas que sufría, optaron pola utilización do desfibrilador e solicitaron presenza médica.

“A rápida actuación dos vixiantes e o posterior trasladado do paciente ao hospital foi fundamental para evitar un posible fatal desenlace”, reivindicou o sindicato, que aproveitou a ocasión para reivindicar a formación como “alicerce fundamental” para “dignificar e profesionalizar” o sector da seguridade privada. Así mesmo, solicitaron á Administración que se lles conceda a estes vixiantes unha mención pola súa actuación.

ÚLTIMAS

O PP reprocha a Caballero que presuma de “potencia turística”

A presidenta do PP de Vigo e portavoz municipal 'popular', Luisa Sánchez, reprochou este...

O Sergas garante asistencia a quen deixe Povisa e escolla o Cunqueiro

O conselleiro de Sanidade, Antonio Gómez Caamaño, subliñou que se “dará resposta” ás necesidades...

O BNG carga contra Concello e Xunta polo desaloxo de Beiramar: “Máis de vinte persoas seguen na rúa”

O BNG de Vigo denunciou este martes que, unha semana despois do desaloxo da...

Denunciado un bazar do Porriño por vender pirotecnia sen permiso e sen medidas de seguridade

O Equipo de Inspección da Intervención de Armas e Explosivos da Comandancia da Garda...