InicioVigo e contornaVigoO BNG de Vigo comeza unha rolda de encontros coa veciñanza de...

O BNG de Vigo comeza unha rolda de encontros coa veciñanza de todos os barrios da cidade

"Queremos abrir un novo tempo na cidade, reseteando en positivo Vigo, escoitando e dialogando, recollendo propostas e suxestións", subliñou o candidato á Alcaldía, Xabier Pérez Igrexas.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O Bloque Nacionalista Galego (BNG) iniciou este martes no Calvario unha rolda de encontros abertos cos veciños e o tecido asociativo de Vigo, que nas próximas semanas irá levando a cabo en todos os barrios e parroquias da cidade.

Segundo explicou o partido nun comunicado, estas reunións pretenden ser “unha posta en común coas que sumar ideas para definir entre todos un proxecto de cidade que leve a Vigo máis aló”.

“Queremos abrir un novo tempo na cidade, reseteando en positivo Vigo, escoitando e dialogando, recollendo propostas e suxestións”, subliñou o portavoz nacionalista e candidato á Alcaldía, Xabier Pérez Igrexas, que criticou a “xordeira autoritaria” do actual goberno local.

Para el, sen participación “non hai democracia real”. “Democracia é moito máis que votar cada catro anos. É darlle a posibilidade aos veciños de participar, de verdade, na toma de decisións, sabendo que facer cidade é tarefa de todos”, defendeu.

ÚLTIMAS

O AVE Vigo-Lisboa podería estar rematado en 2033

O primeiro ministro de Portugal, Luís Montenegro, destacou que a liña de alta velocidade...

O padroado do Ifevi presenta unha nova tasación das instalacións para avanzar na súa xestión compartida

O padroado do Ifevi trasladou este venres á Xunta, ao Concello de Vigo e...

Abel Caballero denuncia un “ataque frontal” de Rafael Louzán contra a candidatura de Vigo para o Mundial 2030

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, asegurou este venres que o presidente da Real...