InicioSucesosUnha colisión en Tui entre un bus escolar con 30 menores a...

Unha colisión en Tui entre un bus escolar con 30 menores a bordo e un coche sáldase sen feridos

Os vehículos implicados no sinistro entorpecían parcialmente a circulación.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Unha colisión rexistrada este luns entre un autobús escolar no que viaxaban 30 menores e un coche saldouse sen feridos, segundo informou o CIAE 112-Galicia. O accidente produciuse sobre as 15,00 horas, e foi o propio condutor do autocar o que chamou a Emerxencias para informar de que acababa de chocar contra un coche no quilómetro 0 da EP-3002 en Randufe (Tui). Desde o primeiro momento informou de que non había feridos, aínda que os vehículos implicados no sinistro entorpecían parcialmente a circulación.

Ata o lugar desprazouse outro autobús, que recolleu aos menores para que continuasen a súa viaxe. Así mesmo, o 112 Galicia informou á Garda Civil de Tráfico, a Policía Local e á Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Tui.

ÚLTIMAS

Detido o cuarto integrante do grupo que asaltou e golpeou a un nonaxenario en Coruxo

Axentes da Policía Nacional da Comisaría de Vigo-Redondela detiveron a un home, cuarto integrante...

A Audiencia desestima o recurso dos comuneiros de Cabral pola propiedade dunha vivenda

A sección sexta da Audiencia Provincial de Pontevedra, con sede en Vigo, desestimou un...

O PSOE de Vigo rexeita debater o cesamento da concelleira de Seguridade pola causa do ‘Saltamontes’

O PSOE de Vigo rexeitou este luns debater no pleno municipal dúas mocións de...

A borrasca Josep provoca a suspensión do transporte de ría en Vigo

As malas condicións meteorolóxicas levaron a suspender o transporte de ría en Vigo, onde...