InicioPolíticaAvante non se presenta ás municipais de Cangas e pide "superar a...

Avante non se presenta ás municipais de Cangas e pide “superar a loita de egos” da esquerda

Di que o fai para evitar a "fragmentación" da esquerda e a chegada ao poder da ultradereita.

PUBLICADO O

- Advertisement -

candidatura veciñal Avante! de Cangas non se presentará ás eleccións municipais do próximo mes de maio para non contribuír á “fragmentación” do voto da esquerda, co obxectivo de non facilitar a vitoria “da dereita e a ultradereita”.

Nun comunicado, a dirección do partido mostrou o seu “orgullo” polo traballo “íntegro e apegado á realidade” que levaron a cabo nos últimos anos “surrealistas”. “O panorama municipal resulta decepcionante e desesperante. A hiperfragmentación, a falta de renovación doutros actores e a descomposición acentuada da política municipal en Cangas xera unha parálise que impide un labor construtivo e produtivo, nin no goberno, nin fiscalizando as súas accións na oposición”, criticou Avante.

Por iso, urxiu a renovación dos liderados para superar a “loita de egos e de incapacidades de xestión” que, ao seu xuízo, padece a localidade pontevedresa. “Non queremos converternos no que sempre criticamos. Non vivimos da política, nin necesitamos unha cota de poder para dar sentido á nosa existencia ou para transcender. Como candidatura municipalista non dependemos da aprobación de estruturas superiores que necesitan dos nosos votos para a Deputación”, engadiron.

A pesar de todo, subliñaron que esta decisión de non presentarse ás eleccións non supón o fin de Avante, senón que seguirán traballando no político e volverán ao movemento social e veciñal. Todo iso despois duns meses nos que a política canguesa estivo envolta en varios escándalos. O pasado mes de novembro, a alcaldesa, Vitoria Portas, bloqueou na aplicación de mensaxes instantáneas WhatsApp a unha das súas concelleiras. A rexedora está sustentada fronte ao goberno local grazas a ter só 4 dos 21 concelleiros do grupo Alternativa Canguesa de Esquerdas (ACE).

ÚLTIMAS

Caballero insiste: “Louzán ten que dicir que Vigo é sede do Mundial 2030”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, insistiu este luns en que o presidente da Real Federación...

Achan na costa de Cádiz neveiras e un colector do buque que se refuxiou en Vigo tras un corremento de carga

Salvamento Marítimo coordinou durante esta fin de semana un amplo dispositivo en augas do...

OPINIÓN.- Burla verde en Samil. O greenwashing Caballero

Óscar Pazos R. Ecoloxistas de Galiza Atlántica e Verde A chamada 'Recuperación del sistema dunar...

Piden 18 anos de cárcere para dous homes que violaron e gravaron a agresión a unha nova de 18 anos en Vigo

A Fiscalía pide máis de 15 anos de cárcere para dous homes acusados de...