InicioSucesosRecorren ao Supremo a sentenza do narcosubmarino de Aldán tras a absolución...

Recorren ao Supremo a sentenza do narcosubmarino de Aldán tras a absolución dun acusado

PUBLICADO O

A Fiscalía Superior de Galicia, en colaboración coa Fiscalía Provincial de Pontevedra, presentou un recurso de casación ante do Tribunal Supremo contra a sentenza do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) sobre o caso do narcosubmarino de Aldán (Cangas, Pontevedra), que absolveu a un dos acusados e reduciu as penas a outros tres.

En concreto, o tribunal absolveu o pasado mes de novembro a dous dos catro acusados que estaban en terra do delito contra a saúde pública en relación co sumerxible, quedando un deles totalmente libre, e rebaixou a pena aos outros dous ao entender que cometeron dito delito en grao de tentativa.

O Ministerio Fiscal considera, respecto da absolución do acusado, que os carrexadores ou auxiliares das descargas de droga deben ser considerados como “autores ou cooperadores necesarios do delito”.

En canto aos outros tres, fundamenta que se dan os supostos agravados que prevén os tipos penais para impor as penas nunha contía que pola Audiencia foi fixada en 9 e 7 anos de prisión. Por iso, a Fiscalía solicita a revogación da sentenza para que o Tribunal Supremo condene á totalidade dos acusados (sete) e coas penas que impuxera a Audiencia Provincial de Pontevedra.

Precisamente a sección do Penal da Fiscalía do Tribunal Supremo xa acordou a formalización deste recurso polo motivo de infracción de lei do artigo 849.1 e 852 da Lei de Enxuiciamiento Criminal.

ÚLTIMAS

Estudantes de Vigo e Monforte álzanse con tres premios da competición educativa Young Business Talents

Dous equipos de alumnado do IES San Tomé de Freixeiro (Vigo) e un grupo...

A concelleira do PP de Vigo Irene Garrido presenta a súa renuncia para centrarse na súa actividade no Congreso

A concelleira do PP de Vigo Irene Garrido presentou este venres a súa renuncia...

O BNG promete ser “a primeira liña de defensa” de Vigo no Parlamento galego, fronte ao “abandono” da Xunta

O BNG trasladou este venres o seu compromiso de ser "a primeira liña de...

O TSXG confirma a sentenza dun xulgado de Vigo que declaraba legal a prórroga do servizo municipal de auga

O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) confirmou a sentenza ditada en 2022...