InicioCulturaGuns N' Roses en Vigo?

Guns N’ Roses en Vigo?

PUBLICADO O

- Advertisement -

A posibilidade de celebración dun concerto da banda Guns N’ Roses no estadio municipal Abanca Balaídos enfrontou este xoves novamente as posicións da delegada da Xunta en Vigo, Marta Fernández-Tapias, e do rexedor olívico, Abel Caballero.

Tras o enfrontamento de meses pasados polo uso da infraestrutura municipal para a actuación de Muse (que finalmente se produciu o pasado 8 de setembro), a tensión reavivouse este venres despois de que Fernández-Tapias apuntase, nunha entrevista en Radio Vigo, que o goberno local sumouse á iniciativa de celebrar concertos en Balaídos, seguindo o ronsel iniciado pola Xunta co Xacobeo, e que o Concello está a xestionar a actuación do grupo estadounidense, liderado por Axl Rose.

Preguntado acerca deste eventual concerto nunha rolda de prensa, o alcalde limitouse a recalcar que o anunciará “cando estea decidido”. Aínda que non negou esas xestións, afeou á “candidata do PP” á alcaldía que anunciase un evento que non lle corresponde, adiantando “cousas que se cadra non son certas”.

En calquera caso, e como é habitual nel, Abel Caballero volveu a proclamar que “os tempos” e os anuncios que competen ao Concello de Vigo son marcados por el mesmo.

ÚLTIMAS

Unha empresa inmobiliaria de Baiona sofre a ira do desahucio de Maricarmen en Madrid

Unha empresa inmobiliaria de recente creación con sede en Baiona viuse obrigada a emitir...

Arredor de 200 persoas reciben en Vigo o buque “Kate Tenacity” da Flotilla da Liberdade rumbo a Gaza

Arredor de 200 persoas recibiron este mércores en Vigo o buque "Kate Tenacity" da...

Balaídos terá unha ‘Tribuna Iago Aspas’: Caballero anuncia que levará o nome do xogador e terá unha estatua ao seu carón

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou que a bancada de Tribuna do estadio...

Vox leva ao xulgado os incidentes nunha mesa informativa en Cangas e estuda accións polo acto frustrado de Santiago

Vox presentou este martes unha denuncia ante a sección de instrución do Xulgado de...