InicioSociedadeAbel Caballero defende que se atende "a todo o mundo" no padrón,...

Abel Caballero defende que se atende “a todo o mundo” no padrón, a pesar de que “máis de metada” acoden sen cita previa

Dixo isto tras as críticas do PP pola demora nas citas para facer trámites

PUBLICADO O

- Advertisement -

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, defendeu este xoves a xestión municipal do padrón, tras as críticas do PP pola demora nas citas para facer trámites, e sinalou que se atende a todo o mundo que acode ao servizo.

Segundo explicou en rolda de prensa, só nos últimos 5 días hábiles, tramitáronse unhas 800 altas, de maneira que o número de empadroados en Vigo sitúase en 301.609 persoas. E todo iso a pesar de que cada día o servizo atende a entre 220 e 250 persoas, das que “máis da metade” acoden sen cita previa.

“O sistema presencial funciona nun día, aos que veñen sen cita, aténdeselles (…) isto é seguramente único en España”, asegurou o rexedor, quen tamén lembrou que, en caso de situacións de emerxencia, os cidadáns poden dirixirse ao mail do departamento (recollido na páxina web) e terán resposta “nun período inferior a cinco días”.

Mentres, o portavoz do grupo municipal do PP, Alfonso Marnotes, insistiu este xoves en que o Concello mantén a obrigación de pedir cita previa para ser atendidos en servizos como o padrón, e que esas citas se están dando a un mes vista. Por iso pediu que se elimine xa este requisito e aténdase presencialmente a todos os cidadáns.

ÚLTIMAS

Balaídos terá unha ‘Tribuna Iago Aspas’: Caballero anuncia que levará o nome do xogador e terá unha estatua ao seu carón

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou que a bancada de Tribuna do estadio...

Vox leva ao xulgado os incidentes nunha mesa informativa en Cangas e estuda accións polo acto frustrado de Santiago

Vox presentou este martes unha denuncia ante a sección de instrución do Xulgado de...

Foanpas denuncia “carencias de profesorado” e “caos” no transporte escolar neste inicio de curso en Vigo

A Federación Olívica de Asociacións de Nais e Pais de Centros Escolares de Vigo...

Vigo pon en marcha o Nadal: comeza a montaxe dos grandes elementos con case 13 millóns de luces

O Concello de Vigo iniciou este martes a montaxe dos grandes elementos do seu...