InicioVigo en FotosSe aínda non miraches esta obra de arte no Berbés, estás a...

Se aínda non miraches esta obra de arte no Berbés, estás a perder o tempo

PUBLICADO O

Nada en Santiago de Compostela e criada en Ordes, Lidia Cao é técnica superior de Ilustración pola EASD Pablo Picasso. “Desde pequena xa tiña algo co que debuxar na man e tense visto que a día de hoxe aínda non o soltou”, destacan dende a páxina oficial de Vigo Cidade de Cor, programa municipal que neste ano acada a súa terceira edición e no que participa esta artista gráfica.

Lidia Cao, Vigo Cidade de Cor/ Miguel Núñez

Cao é unha apaixoada dos retratos, amante do extraordinario de “expresar tanto en tan só unha cara”. No seu traballo destacan as figuras femininas con trasfondo, coma a xigantesca que está a elaborar no túnel fronte á entrada do porto de Vigo.

Lidia Cao, Vigo Cidade de Cor/ Miguel Núñez

Desde Vigo Cidade de Cor dividen a súa obra en dúas partes: “A primeira, a máis realista,detallada e en branco e negro; a segunda, máis animada, entrando tamén no ámbito do muralismo. Estas dúas partes son moi opostas, xa que na primeira dedícase a traballar en formatos pequeniños e reducidos, mentres que na segunda gústalle experimentar a ilustración en formatos diferentes, sobretodo en paredes”.

Grafity
Graffitera de Ordes Lidia Cao/Miguel Nuñez

Contou coa oportunidade de participar en obradoiros sobre graffiti e arte urbana desde cativa, como no DesOrdes Creativas, o Rexenera Fest ou o Compostela Contemporánea. E unha pequeniña parte da beleza de Vigo xa leva a súa firma.

Lidia Cao, Vigo Cidade de Cor/ Miguel Núñez

ÚLTIMAS

Gonzalo Caballero proposto polo PSOE de Vigo como candidato galego ás europeas

A asemblea do Partido Socialista de Vigo propuxo ao que fora secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero,...

Claudio Giráldez renova como adestrador do Celta ata xuño de 2025

O adestrador galego Claudio Giráldez renovou este xoves o seu contrato como técnico do RC...

Atraso de 40 minutos na liña A Coruña-Vigo por un conato de incendio nun coche do tren

Un conato de incendio declarado entre dous coches dun tren que cobre a liña...

Vigo supera de novo os 300.000 habitantes, “de longo a maior cidade de Galicia”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou que a cidade volveu a superar os 300.000 habitantes...