InicioVigo en FotosO artista urbano Mon Devane trae o realismo e a expresividade ás...

O artista urbano Mon Devane trae o realismo e a expresividade ás paredes viguesas

PUBLICADO O

O artista urbano ourensá Mon Devane está a realizar un dos murais máis celebrados ata o momento desta edición do proxecto municipal Vigo Cidade de Cor: un retrato fotorrealista dun home anciá bebendo unha cunca de viño.

Mon leva empregando o spray como principal ferramenta artística desde o ano 2003, “ano no que comeza a desenvolver a súa técnica, primeiro facendo letras e estilos propios do mundo do grafiti, para acabar realizando obras de carácter realista”, destacan desde a organización do evento.

Actualmente o seu persoal estilo “reflicte un fotorrealismo monocromático no que emprega
escalas de cores para formar luces e sombras cheas de forza, con miradas penetrantes”, engaden. Principalmente realiza retratos e rostros expresivos.

 

Graffity
Praza de san Lorenzo, graffiti do ourensano Mon Devane na praza de Tomás Paredes / Miguel Nuñez

Actualmente traballa diferentes temáticas, “como o concepto do culto á arte urbana, na que mestura imaxes de virxes e santos con elementos propios da arte urbano, outras imaxes de carácter máis autóctono enxalzando produtos ou temáticas propias da súa nación, Galicia, ou simplemente retratos de diferentes persoas”.

No ano 2016 comezou a viaxar polo mundo para deixar obras en países como México, Italia, Francia ou Inglaterra.

ÚLTIMAS

Outro motorista, de 21 anos, morre tras chocar contra un coche en Gondomar

Un mozo, I.D.L. de 21 anos de idade, perdeu a vida na madrugada deste...

Outra vez retencións na AP-9 ao seu paso por Vigo por un accidente entre dous camións

Un accidente entre dous camións na autoestrada AP-9 ao seu paso por Vigo provocou longas retencións...

Abel Caballero ve no novo expediente da UE “a gran ocasión” para lograr a gratuidade total da AP-9

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, ve o novo expediente de infracción que a UE...

Chega aos Play Doc ‘Salvaxe, Salvaxe’ un filme ecoloxista galego premiado en Málaga

O filme galego ‘Salvaxe, Salvaxe’ chega a Galicia este mes de maio, despois de...