InicioEconomíaO naval vigués está en plena forma: a ledicia trala botadura do...

O naval vigués está en plena forma: a ledicia trala botadura do Ritz-Cartlon, en 34 fotos

PUBLICADO O

A botadura do cruceiro de luxo The Ritz-Cartlon na tarde do pasado martes queda para a historia con este álbum fotográfico que tenta conceder o protagonisto aos traballadores.

O bo estado de saúde do naval en Vigo xa era algo coñecido, máis trala entrevista de Xornal de Vigo a Javier Arnau, director da feira internacional Navalia, que considerou superada a crise que o sector viña padecendo desde 2012.

A construción de cruceiros é un aspecto de importancia capital para a saúde do porto de Vigo. E, neste tempo onde os ricos son cada vez máis ricos, o segmento de cruceiros de luxo non deixa de crecer, algúns dos hoteles oceánicos fabricados en Vigo chegarán a superar prezos de 6.000 euros por unha noite.

Tamén se construirán barcos militares na nosa cidade, moitos deles encargados por Australia. Pola súa banda, a Rusia de Putin contactou coa cidade olívica para ampliar as súas plataformas petrolíferas.

SEN ELES, NADA: OS TRABALLADORES

o barco

a foto das autoridades

ÚLTIMAS

Asistidas un pai e a súa filla en Vigo tras producirse un incendio na súa vivenda

Dúas persoas, un pai e unha filla, necesitaron asistencia en Vigo este xoves tras producirse...

Emilio Sotelino ou a Asociación de Viúvas Demócratas entre os Vigueses Distinguidos 2024

O pleno de Vigo aprobou este luns por unanimidade nunha sesión extraordinaria os novos Vigueses...

O goberno de Vigo aproba o marco orzamentario ata 2027 e prevé investimentos por valor de 33 millóns cada ano

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou que o goberno local aprobou o marco...

Pechados parques e espazos arbóreos da cidade de Vigo debido ao temporal

O Concello de Vigo restrinxiu por seguridade o acceso aos parques e espazos arbóreos...