InicioDeportesLuis Enrique deixa fóra a Iago Aspas nunha selección sen galegos

Luis Enrique deixa fóra a Iago Aspas nunha selección sen galegos

PUBLICADO O

- Advertisement -

Luis Enrique, o novo adestrador da selección española de fútbol trala eliminación no mundial de Rusia, acaba de facer pública a súa primeira lista de convocados, para xogar contra os combinados de Inglaterra e Croacia.

Nela, non aparece ningún xogador do Celta nin ningún galego. Tampouco Iago Aspas, seleccionado por Lopetegui e empregado por Hierro. O dianteiro moañés, ademais, contaba co respaldo xeral do afeccionado, aínda que fora como suplente, polo que a decisión foi inesperada para a maioría.

Luis Enrique mantén sobre o papel a De Gea como primeiro gardameta, a pesar do súa tan criticada actuación no mundial. Sorprenden a elección de Albiol, en Milán trala súa etapa no Real Madrid, Suso (dianteiro, tamén no Milan), Morata, Ceballos (Real Madrid) ou Diego Llorente (Real Sociedad).

Entre as baixas máis destacadas, Iago Aspas, o tamén galego Lucas Vázquez, Koke e sobre todo Jordi Alba, con quen a prensa deportiva asegura que Luis Enrique terminou enfrontado cando adestraba ao Barcelona. Sorprendentemente, Luis Enrique deixa fóra a un titular do Barça, e inclúe a un claro suplente do Madrid como é Ceballos.

ÚLTIMAS

Detido en Vigo un home por dous ataques consecutivos á Policía Local nun só día

Axentes da Policía Local de Vigo detiveron a un cidadán estranxeiro, A.M., de 30...

Detido en Vigo con haxix, cocaína e máis de 1.300 euros en efectivo

Axentes da Policía Local de Vigo detiveron a un home de 44 anos de...

Vigo declara deserta a licitación do mercadillo de Nadal

O Concello de Vigo declarou "deserta" a licitación para a instalación do mercadillo do...

Concello e UVigo asinan un convenio para traballar na candidatura das Cíes a Xeoparque da Unesco

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, e o reitor da Universidade de Vigo (UVigo), Manuel Reigosa, asinaron...