InicioPolíticaCompromiso por Galicia pensa levar o accidente do Marisquiño ao Parlamento Europeo

Compromiso por Galicia pensa levar o accidente do Marisquiño ao Parlamento Europeo

PUBLICADO O

Cortés Alonso, secretario local de Compromiso por Galicia na cidade olívica, xunto a María Rivera, coordinadora comarcal, teñen en mente levar o tema do afundimento do pantalán ao parlamento europeo, xa que a obra foi financiada a través de fondos europeos, “polo que corresponde aos organismos da UE a fiscalización dos mesmos”, aseguran.

Polo tanto, este partido, a través da sua europarlamentaria Izaskun Bilbao, presentará no Parlamento Europeo unha pregunta onde pedirá a apertura da investigación correspondente sobre o uso dos fondos destinados a esta obra portuaria.

Sobre a deriva política do accidente do Marisquiño, “o PP e o PSOE escenifican un sainete sobre un asunto que non foi a máis, e por sorte non estamos falando hoxe de falecidos” , declarou Cortés Alonso.

Desde Compromiso Por Galicia instan a que o PP e o Psoe “deixen de pasar a bóla e de facer o rídiculo diante dunha opinión pública farta da irresponsabilidade destes políticos”, e lamentan “que desde a Autoridade Portuaria e o Concello non teñan solucións para as persoas afectadas”.

ÚLTIMAS

Chega aos Play Doc ‘Salvaxe, Salvaxe’ un filme ecoloxista galego premiado en Málaga

O filme galego ‘Salvaxe, Salvaxe’ chega a Galicia este mes de maio, despois de...

Encontrado o cadáver dunha muller dentro dun coche aparcado nun parking de Samil

O cadáver dunha muller foi achado dentro dun coche que estaba aparcado nun parking...

A oposición viguesa denuncia que Caballero veta o pronunciamento da Corporación sobre a saída sur e o AVE a Porto

Os grupos da oposición no Concello de Vigo denunciaron este mércores que o goberno...

Saen de prisión os tripulantes do MV Karar coa obrigación de comparecer quincenalmente

Os 14 tripulantes do MV Karar, interceptado en abril de 2020 cando navegaba cara...