InicioSucesosDetido un home en Vigo por agredir á sua parella na rúa

Detido un home en Vigo por agredir á sua parella na rúa

O home recoñeceu os feitos, engadindo que tiñan unha relación desde había tres anos.

PUBLICADO O

A Policía Local de Vigo detivo esta pasada madrugada a un mozo, C.V.N. de 29 anos de idade, tras agredir á súa parella mentres discutían en plena rúa.

Tal como informou o corpo de seguridade, foi unha veciña da rúa Fragoso a que alertou aos axentes tras escoitar berros procedentes da vía pública. Ao asomarse á xanela, observou un home que discutía cunha muller, empuxándoa en repetidas ocasións.

No transcurso deste altercado, a muller caeu ao chan golpeándose na cabeza a consecuencia dun dos empuxóns.

Unha vez no lugar, os funcionarios falaron coa suposta vítima, que explicou que discutira co seu noivo por cuestións de celos. Pola súa banda, el recoñeceu os feitos, engadindo que tiñan unha relación desde hai tres anos.

Por iso, o home foi detido pola suposta comisión dun delito de violencia de xénero, mentres que a moza foi trasladada ao Hospital Álvaro Cunqueiro para ser atendida.

ÚLTIMAS

Estudantes de Vigo e Monforte álzanse con tres premios da competición educativa Young Business Talents

Dous equipos de alumnado do IES San Tomé de Freixeiro (Vigo) e un grupo...

A concelleira do PP de Vigo Irene Garrido presenta a súa renuncia para centrarse na súa actividade no Congreso

A concelleira do PP de Vigo Irene Garrido presentou este venres a súa renuncia...

O BNG promete ser “a primeira liña de defensa” de Vigo no Parlamento galego, fronte ao “abandono” da Xunta

O BNG trasladou este venres o seu compromiso de ser "a primeira liña de...

O TSXG confirma a sentenza dun xulgado de Vigo que declaraba legal a prórroga do servizo municipal de auga

O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) confirmou a sentenza ditada en 2022...