InicioVigo e contornaVigoAs luces de Vigo prenderanse ás sete da tarde este sábado por...

As luces de Vigo prenderanse ás sete da tarde este sábado por cuestións climatolóxicas

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, lembrou que o Concello limitará a 9.000 persoas o aforamento para gozar do aceso das luces de Nadal de Vigo na contorna de Porta do Sol "por razóns do plan de seguridade.

PUBLICADO O

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou este martes que o horario do acto de aceso das luces de Nadal adiantarase ás 19,00 horas este sábado, 19 de novembro.

“Previsiblemente, e se a choiva o permite, o aceso das luces do Nadal deste Planeta, que son as luces do Nadal de Vigo, será ás 19,00 horas”, sinalou Caballero. O horario aínda non é definitivo xa que, en palabras do rexedor vigués, o acto “pode retrarsarse pola choiva”.

O rexedor olívico tamén lembrou que o Concello limitará a 9.000 persoas o aforamento para gozar do aceso das luces de Nadal de Vigo na contorna de Porta do Sol “por razóns do plan de seguridade”.

O aforamento máximo de 9.000 persoas aplicarase na contorna da árbore de Nadal, situado en Porta do Sol. Isto inclúe a praza da Princesa, a rúa Elduayen desde a Porta do Sol ata Sombrereiros, a rúa Policarpo Sanz ata Darío Álvarez Blázquez e a rúa Príncipe ata López de Neira.

A novidade deste ano é que as luces de nadal manteranse acesas menos tempo, desde as 18,30 horas ata as 00,30 da madrugada, para “aforrar enerxía”, aínda que Caballero sinalou que “os días máis sinalados a súa duración será maior”.

Ademais, Caballero destacou que “desde o sábado, 17 de decembro, ata o luns, 9 de xaneiro, non se poden facer obras que afecten á vía pública en rúas como Doutor Cadabal, Buenos Aires, Travesía de Vigo, Aragón, Jenaro de la Fuente, Martínez Garrido, Arquitecto Palacios, Citroen e a circunvalación desde o centro ata Bouzas para manter o tráfico fluído”.

“Adicionalmente, noutras zonas como Isaac Peral, Alfonso XIII, a Gran Vía, Lepanto… Tamén estará prohibida calquera cuestión que afecte á vía pública desde este sábado, 19 de novembro, ata o venres, 6 de xaneiro“, engadiu Abel Caballero.

PETICIÓN DE TRANSPORTE URBANO GRATUÍTO

Por outra banda, Marea de Vigo solicitou ao Concello de Vigo que, con motivo das luces de Nadal, o transporte urbano sexa gratuíto durante os meses que dure a campaña de Nadal polo “agravio evidente en solucións de mobilidade que vai supor para os vigueses”.

Segundo explican nun comunicado, Marea de Vigo propón unha medida que xa opera para eventos concretos e de forma permanente en varias cidades europeas co que se “podería compensar aos vigueses que ven como durante case catro meses, a cidade convértese nun atranco permanente”. “Durante este tempo as opcións de tránsito quedan reducidas e os tempos de traslado entre domicilios, lugares de traballo, de estudo ou centros sanitarios complícanse moito”, denunciou Marea de Vigo.

ÚLTIMAS

Chega aos Play Doc ‘Salvaxe, Salvaxe’ un filme ecoloxista galego premiado en Málaga

O filme galego ‘Salvaxe, Salvaxe’ chega a Galicia este mes de maio, despois de...

Encontrado o cadáver dunha muller dentro dun coche aparcado nun parking de Samil

O cadáver dunha muller foi achado dentro dun coche que estaba aparcado nun parking...

A oposición viguesa denuncia que Caballero veta o pronunciamento da Corporación sobre a saída sur e o AVE a Porto

Os grupos da oposición no Concello de Vigo denunciaron este mércores que o goberno...

Saen de prisión os tripulantes do MV Karar coa obrigación de comparecer quincenalmente

Os 14 tripulantes do MV Karar, interceptado en abril de 2020 cando navegaba cara...