InicioEconomíaFreo a outro parque eólico na Serra da Groba polo seu impacto...

Freo a outro parque eólico na Serra da Groba polo seu impacto ambiental “crítico” e “irreversible”

A Dirección Xeral de Calidade Ambiental rexeita o proxecto para os concellos de Oia e O Rosal.

PUBLICADO O

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica este venres o anuncio da Dirección Xeral de Calidade Ambiental polo que se fai pública a declaración ambiental desfavorable e, en consecuencia, o freo a que siga adiante o proxecto do parque eólico do Merendón, nos concellos de Oia e O Rosal, na Serra da Groba.

A declaración conclúe que o proxecto produciría “uns impactos críticos” sobre a paisaxe, que alterarían de forma “irreversible” os valores ambientais da zona, sen que tales efectos se poidan “mitigar con ningún tipo de medida correctora”.

En concreto, apúntase que a introdución dos aeroxeradores, como elementos novos na paisaxe, provocaría un impacto que resultaria “crítico” durante a vida útil da infraestrutura, e que reducirían “drasticamente” o valor estético e panorámica das áreas de especial interese paisaxístico da zona, así como do ámbito costeiro.

O rexeitamento ao parque do Merendón chega despois de que mes e medio atrás se emitise unha declaración desfavorable para outro parque, na mesma zona, o ‘Albariño I’.

ÚLTIMAS

O TSXG confirma a condena a comuneiros de Cabral, que deben reverter as obras dun parking en Peinador

OO Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) ratificou o fallo do Xulgado do Contencioso-Administrativo número...

O BNG de Vigo denuncia a falta de auga potable no IES de Beade, e goberno local e Xunta cúlpanse mutuamente

O grupo municipal do BNG en Vigo denunciou este luns que o IES de...

A Deputación envía ao Concello o convenio para a bancada de Gol, que podería asinarse “esta semana”

A Deputación de Pontevedra enviou este luns ao Concello de Vigo o convenio para a reforma da bancada de...

A taxa de criminalidade increméntase no primeiro trimestre un 5,3% en Vigo

A taxa de criminalidade creceu un 16,4% no primeiro trimestre deste ano na cidade...