InicioVigo e contornaVigoVigo VMP sinala “irregularidades” nun informe da Policía Local por inmobilizar un...

Vigo VMP sinala “irregularidades” nun informe da Policía Local por inmobilizar un patinete

Vigo VMP tamén sinala o “exceso” da retirada do patinete feita polo “guindastre municipal”.

PUBLICADO O

A Asociación Vigo VMP (Vehículos de Mobilidade Persoal), indica varias “irregularidades” nun informe da Policía Local de Vigo sobre a inmobilización dun patinete que “circulaba a 96 km/h” o pasado día 15 de setembro. Nun comunicado emitido por Vigo VMP sinalan que esta é unha “práctica reiterada e relativamente frecuente por parte dalgúns axentes das forzas de seguridade local”.

Sobre o suceso mencionado, Vigo VMP sinala que o patinete circulaba por unha vía legal a menos de 25 km/h. Apuntan unha posible manipulación dos mandos do vehículo sen permiso do usuario e sen indicios claros de infracción ou delicto. Sinala ademais que a propia Policía Local fixo unha medición de velocidade “en baleiro, que é unha medición ilegal, utilizando o velocímetro do VMP que non está homologado”.

Vigo VMP tamén sinala o “exceso” da retirada do patinete feita polo “guindastre municipal”. Tamén destacan o teren “constancia de numerosos casos de usuarios multados por este mesmo método”. Detrás disto ven intervencións “coercitivas” por parte de “axentes concretos”, por iso estas intervencións teñen pouco ou nada que ver coa seguridade e cumprimento da ordenanza municipal de VMP.

A Asociación sinala ademais a reprodución de informacións erradas e sen contrastar. Ante isto último sinalan que “a nosa entidade está disposta a colaborar coas forzas de seguridade locais e cos medios para informar e axudar en todo o relativo aos VMP en Vigo”.

No comunicado de Vigo VMP sinalan que o usuario non foi detido e que non circulaba a 96 km/h. Sinalan a actuación policial como nula de dereito ao non usar métodos axustados á legalidade. Por último indican que “é moi grave que algúns membros da policía local de Vigo actúen ilegalmente e que os medios non contrasten a información”.

ÚLTIMAS

Chega aos Play Doc ‘Salvaxe, Salvaxe’ un filme ecoloxista galego premiado en Málaga

O filme galego ‘Salvaxe, Salvaxe’ chega a Galicia este mes de maio, despois de...

Encontrado o cadáver dunha muller dentro dun coche aparcado nun parking de Samil

O cadáver dunha muller foi achado dentro dun coche que estaba aparcado nun parking...

A oposición viguesa denuncia que Caballero veta o pronunciamento da Corporación sobre a saída sur e o AVE a Porto

Os grupos da oposición no Concello de Vigo denunciaron este mércores que o goberno...

Saen de prisión os tripulantes do MV Karar coa obrigación de comparecer quincenalmente

Os 14 tripulantes do MV Karar, interceptado en abril de 2020 cando navegaba cara...