InicioVigo e contornaVigoSen luces de Nadal en Vigo "gañaría Putin", sinala Abel Caballero

Sen luces de Nadal en Vigo “gañaría Putin”, sinala Abel Caballero

Abel Caballero tamén abordou a polémica xerada polas datas das reunións dos rexedores das principais cidades galegas co presidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda, que considera "está a equivocarse moi seriamente".

PUBLICADO O

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, confirmou este domingo en Vigo que este ano prenderán as luces de Nadal. De non facelo, apuntou, “gañaría Putin”.

“Sería un disparate. Quen retorna os miles e miles de empregos que isto xera?, e a ilusión que xera o Nadal de Vigo en todo o mundo?”, preguntouse o rexedor municipal sobre a posibilidade de non instalar as luces, nunha entrevista concedida a Cadea Ser Galicia e recollida por Europa Press.

Caballero cualificou as luces de “fenómeno social”, xa que “todo o mundo sabe do Nadal de Vigo”. Ademais, explicou que se reducirán as horas de aceso e que, no canto de sete, serán seis horas. Con isto aforrarase un 14,5%, detallou, “o dobre do que pide España”. “É posible manter a ilusión, facer funcionar a economía e aforrar enerxía. É posible facelo todo”, reafirmou. Doutra banda, ve “incomprensible” que o PP apoie ás eléctricas no medio da crise actual. “Hai que axudar a saír da crise polo benestar da xente”.

O tamén presidente da federación de municipios apuntou que “todos os concellos están moi pendentes da situación” e que, no caso de Vigo, “están a tomarse continuamente medidas para apoiar aos cidadáns”. A este respecto lembrou que, en termos reais, os impostos baixaron en Vigo un 17% por estar conxelados nominalmente desde fai catro anos.

POLÉMICA POLAS REUNIÓNS CON RUEDA

Avanza tamén que proporá, en calidade de representante da FEMP, unha medida “inmediata e baratísima”, que podería financiarse cos fondos europeos, e que sería cambiar a luces LED a iluminación dos municipios e que significaría “un aforro do 80%”.

Abel Caballero tamén abordou a polémica xerada polas datas das reunións dos rexedores das principais cidades galegas co presidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda, que considera “está a equivocarse moi seriamente”.

“Creo que o que tenta é xerar un problema de formas para non entrar no contido. E as formas en democracia son vitais. Tenta cambiar o foco e a atención a través dos cambios nas formas das entrevistas”, criticou.

Segundo censurou, o modelo Rueda “significa minusvalorar a democracia e a alcaldía de Vigo”. “Non llo permitirei. O alcalde de Vigo vai defender esta cidade e a lexitimidade democrática contra todo o que se poña diante, e esta vez chámase Rueda”, expresou.

Aínda que comentou non querer falar das eleccións municipais e deixalo para “cando toque”, aseverou que “o cambio de Feijóo a Rueda está a ser a moito peor” e que “a Xunta maltrata á cidade”.

STELLANTIS

Para os comicios autonómicos, o rexedor municipal ve “unha oportunidade de cambiar as xestións” ante unha “deterioración forte do PP”. “É certo que non é o mesmo Feijóo que Rueda, iso sábeo toda Galicia”, concluíu sobre o tema.

Por último, e sobre a situación de Stellantis, Caballero afirma que a realción do Goberno e Stellantis é “moi boa” e pediu á Administración autonómica que deixe de “entorpecer”. Achacou a situación a “defectos de forma que se resolverán”.

ÚLTIMAS

Gonzalo Caballero proposto polo PSOE de Vigo como candidato galego ás europeas

A asemblea do Partido Socialista de Vigo propuxo ao que fora secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero,...

Claudio Giráldez renova como adestrador do Celta ata xuño de 2025

O adestrador galego Claudio Giráldez renovou este xoves o seu contrato como técnico do RC...

Atraso de 40 minutos na liña A Coruña-Vigo por un conato de incendio nun coche do tren

Un conato de incendio declarado entre dous coches dun tren que cobre a liña...

Vigo supera de novo os 300.000 habitantes, “de longo a maior cidade de Galicia”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou que a cidade volveu a superar os 300.000 habitantes...