InicioPolíticaO PP vigués considera "evidente" no Marisquiño un "desastre de control e...

O PP vigués considera “evidente” no Marisquiño un “desastre de control e prevención”

Desde a oposición esixen a Caballero a licenza de actividade, os permisos e informes de seguridade e os plans de urxencia e protección.

PUBLICADO O

O concelleiro popular, Diego Gago, anunciou que o PP de Vigo “esgotará todas as vías dispoñibles” para acceder á información “que Abel Caballero nega ao grupo municipal do Partido Popular, aos feridos no afundimento do paseo das Avenidas e a todos os vigueses”.

A este respecto, Diego Gago lamentou que máis dunha semana despois do acontecido “o grupo municipal do Partido Popular e toda a cidade de Vigo seguimos sen ter respostas en relación ao fatídico accidente”.

“Nós e toda a cidade seguímonos preguntando o mesmo: “Onde está a licenza de actividade? Onde están os permisos? Onde están os informes de seguridade? Onde están os plans de urxencia e de protección? Onde está toda a información que o alcalde de Vigo está ocultando á cidade e a case 500 feridos?”, incidiu.

Gago recordou que xa finalizou o prazo de 5 días que marca a lei para que o rexidor local facilitase o expediente con todas as actuacións administrativas preceptivas de autorización das actividades de O Marisquiño, e tras este prazo, “non obtiveron ningunha resposta por parte do goberno municipal”.

Cambio de ubicación do concerto a unha zona “non segura”

O concelleiro popular resaltou que desde o PP de Vigo se alegran de que “un evento de ámbito internacional como O Marisquiño continúe na cidade”, pero indicou que “é lóxico e coherente que se realice con absoluta e total garantía en materia de seguridade”.

Así, destacou que neste caso “é evidente que houbo un desastre de control e prevención”, tendo en conta que se trata dun evento de gran envergadura e que acabou con case 500 feridos.

Neste marco, o edil custionou o cambio na ubicación do concerto a unha zona que non era segura” e por que non se fixo un control do aforo, “como se fai en todos os grandes eventos a nivel nacional”.

“O concerto víñase desenvolvendo en lugares onde había maior seguridade” apuntou, sinalando tamén como outra das causas do desastre o control do aforo: “Literalmente non temos nin idea de canta xente había alí, témolo que calcular mediante fotos. É unha absoluta irresponsabilidade ter a 4.500 persoas alí, como dixo o alcalde”, incidiu.

Así mesmo, o popular referiuse ao anuncio do alcalde de Vigo de crear unha oficina de información xurídica e psicolóxica, da que sospeita que “o que pretende é asesorar aos feridos na dirección que ao alcalde lle interese”.

ÚLTIMAS

Gonzalo Caballero proposto polo PSOE de Vigo como candidato galego ás europeas

A asemblea do Partido Socialista de Vigo propuxo ao que fora secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero,...

Claudio Giráldez renova como adestrador do Celta ata xuño de 2025

O adestrador galego Claudio Giráldez renovou este xoves o seu contrato como técnico do RC...

Atraso de 40 minutos na liña A Coruña-Vigo por un conato de incendio nun coche do tren

Un conato de incendio declarado entre dous coches dun tren que cobre a liña...

Vigo supera de novo os 300.000 habitantes, “de longo a maior cidade de Galicia”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou que a cidade volveu a superar os 300.000 habitantes...