InicioVigo e contornaVigoFalecen dúas persoas con covid na área de Vigo

Falecen dúas persoas con covid na área de Vigo

A área olívica segue por enriba dos 200 positivos.

PUBLICADO O

Un total de sete persoas faleceron con covid en Galicia desde o pasado sábado, segundo os datos comunicados pola Consellería de Sanidade este xoves –con cifras ata as 18,00 horas do mércores–.

O 13 de agosto, faleceu unha muller de 90 anos na área da Coruña. O 15 de agosto, as mortes foron catro: unha muller de 81 anos (área de Vigo), tres homes de 68 anos (área da Coruña), 71 anos (área de Pontevedra) e 89 anos (área de Ourense). A eles súmanse outros dous óbitos do 16 de agosto: unha muller de 79 anos (área de Vigo) e unha muller de 86 anos (área de Lugo). Estas sete persoas contaban con patoloxías previas.

Pola súa banda, continúa o aumento dos casos diarios de contaxios, con 159 nas últimas 24 horas, por encima dos 139 da xornada anterior. Igualmente, os casos totais elévanse a 1.615 (45 máis). En cambio, os hospitalizados van á baixa, cun total de 182 (catro menos). Entre eles, unha ducia están na UCI (un menos) e os 170 restantes están en unidades de hospitalización (tres menos). Ademais, 1.433 están en domicilio (49 máis).

Desde o inicio da pandemia, hai un total de 667.554 persoas curadas en Galicia. Ademais, as PCR realizadas rozan os 4 millóns, á vez que as doses de vacinas administradas son de 6,7 millóns.

DATOS POR ÁREAS

Os casos activos totais crecen en todas as áreas, salvo en Ferrol (que baixan de 131 a 122). A Coruña conta co maior número de contagios, con 403 (22 máis). Séguelle: Ourense, con 271 (cinco máis); Lugo, con 229 (catro máis); Vigo, con 212 (sete máis); Santiago, tamén con 212 (catro máis); e Pontevedra, con 155 (13 máis).

No tocante a hospitalizados, na área da Coruña hai 54 hospitalizados en planta e tres en UCI. En Ourense, 26 en planta e dúas en UCI. En Ponteveda, 22 en planta e ningún en UCI. En Vigo, 22 en planta e dúas en UCI. En Santiago, 21 en planta e dúas en UCI. En Lugo, 15 en planta e un en UCI. En Ferrol, 12 en planta e dúas en UCI.

Please wait while you are redirected...or Click Here if you do not want to wait.

ÚLTIMAS

Gonzalo Caballero proposto polo PSOE de Vigo como candidato galego ás europeas

A asemblea do Partido Socialista de Vigo propuxo ao que fora secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero,...

Claudio Giráldez renova como adestrador do Celta ata xuño de 2025

O adestrador galego Claudio Giráldez renovou este xoves o seu contrato como técnico do RC...

Vigo supera de novo os 300.000 habitantes, “de longo a maior cidade de Galicia”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou que a cidade volveu a superar os 300.000 habitantes...

Case nove de cada dez usuarios da Asociación Érguete en Vigo comezou a consumir drogas antes dos 18 anos

Preto do 88% dos usuarios da Asociación Érguete en Vigo comezou a consumir drogas antes...