InicioSociedade"O concerto comezou a encherse, estabamos todos saltando, tremeu o chan e...

“O concerto comezou a encherse, estabamos todos saltando, tremeu o chan e caemos”

PUBLICADO O

O accidente sufrido o pasado domingo no peirao de Vigo durante o concerto do rapeiro Rels B., dentro do programa de concertos do festival O Marisquiño, foi unha experiencia angustiosa para centos de persoas.

Afortunadamente, non hai que lamentar mortos, e dos máis de 300 feridos só 5 son graves e evolucionan favorablemente, como vén de celebrar o alcalde vigués. Nesta tarde de luns, numerosos medios de comunicación de todo o Estado achegáronse ao lugar dos feitos.

Os medios de comunicación, no peirao de Vigo/ Miguel Núñez

O acontecido tamén espertou a curiosidade de miles de vigueses, que respectaron onte á noite a actuación dos corpos de seguridade e hoxe quixeron botar unha ollada, sen traspasar as barreiras, do estado dun peirao vixiado pola Policía Nacional.

Eles encárgase de manter a orde e de que ninguén se achegue máis do permitido á zona, totalmente afundida.

De feito, no momento de visitar o lugar os reporteiros deste xornal, o nivel do mar chegaba a superar as táboas caídas. Se a auga se atopara a esta altura no momento do accidente, a traxedia podería ter sido moito maior.

Un gran número de persoas achegáronse durante todo o día á zona do accidente/ Miguel Núñez

Este grupo de mozos viaxaron desde a provincia de Ourense para desfrutar do Marisquiño, que congrega á mocidade de toda Galicia. Non levaban nin 5 minutos de concerto cando todo aconteceu.

De súpeto, un deles flotaba como podía enriba dun contedor do lixo. Foi complicado para eles saír de alí, aseguran, mais só un sufriu unha lesión leve, no xeonllo.

Grupo de amigos que caíu durante o accidente, mais só un sufriu lesións leves/ Miguel Núñez

Falamos cun traballador do quiosco que se atopa ao carón do escenario. Non viu o accidente. Pensaba ao comezo que os gritos eran parte da euforia. Logo comezou a ver á xente correr dun lado a outro, angustiada.

Shara Pérez, unha das vítimas do acontecido, que afortunadamente só sufriu feridas leves, recórdao perfectamente: “O concerto levaba unha canción, e na segunda comezou a encherse o lugar, estabamos todos saltando, estaba con dúas amigas máis, tremeu o chan e caemos. Foi todo rapidísimo”.

Tentan gravar máis de cerca o peirao afundido/ Miguel Núñez

Estaban lonxe da peor zona, pero intentaban saír e “a plataforma seguía afundíndose, a xente caía encima túa. Subín bastante rápido porque só me caeron dúas persoas enriba, e intentabamos non esmagar ás que estaban abaixo. Subín, subín á miña amiga, e mirabas como a madeira tiña ocos, rompera por zonas. Pedíamos que fixeran oco para pasar e ninguén se movía, tiñas que empurrar á xente para poder avanzar”.

Unha vez arriba, a xente non se movía porque non se enteraran do que pasara. Pensaban que só caera unha valla e que algunha persoa estaría danada, pero non que caeran ao mar. “Desde o escenario, pedían que a xente se movera, que o concerto estaba cancelado. Costou moitísimo saír de alí, a xente non se movía”, asegura a moza.

“Aínda menos mal, porque nos cadrou estar preto da zona que non cedeu, pero outras persoas tardaron moitísimo en subir porque lles caeu todo o mundo enriba, uns esmagaban aos outros”, recorda.

Multitude de persoas na zona do accidente do Marisquiño/ Miguel Núñez

“Do meu grupo de amigas, unha caeu na auga, outra bateu coa mandíbula cunha táboa, e costáballe movela, pero sabíamos que había xente que estaba peor e preferimos non molestar ás ambulancias. A min dóeme as costas da xente que me caeu enriba, pero estou ben. A outra xente si que se lle miraba mal”, recorda.

Forte presencia policial no lugar dos feitos/ Miguel Núñez

ÚLTIMAS

Estudantes de Vigo e Monforte álzanse con tres premios da competición educativa Young Business Talents

Dous equipos de alumnado do IES San Tomé de Freixeiro (Vigo) e un grupo...

A concelleira do PP de Vigo Irene Garrido presenta a súa renuncia para centrarse na súa actividade no Congreso

A concelleira do PP de Vigo Irene Garrido presentou este venres a súa renuncia...

O BNG promete ser “a primeira liña de defensa” de Vigo no Parlamento galego, fronte ao “abandono” da Xunta

O BNG trasladou este venres o seu compromiso de ser "a primeira liña de...

O TSXG confirma a sentenza dun xulgado de Vigo que declaraba legal a prórroga do servizo municipal de auga

O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) confirmou a sentenza ditada en 2022...