InicioPolíticaO Concello asegura que non sabía do mal estado do peirao, e...

O Concello asegura que non sabía do mal estado do peirao, e celebra que as vítimas estean fóra de perigo

"As madeiras, se estaban mal ou non, non ten nada que ver. Ninguén sabía nada do mal estado da plataforma, das grandes placas de formigón que fallaron", aclarou Abel Caballero.

PUBLICADO O

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, visitou no hospital a tódalas persoas internadas tralo accidente do Marisquiño: “A cuestión máis importante é que non corre perigo a vida de ninguén, e que en moitos casos son lesións que se recuperarán de forma rápida. O horizonte é moi bo”.

Concretou que as vítimas “están moi animadas, celebran a situación na que están. Porque o susto foi tremendo. O afundimento dunha estrutura desa envergadura. Porque o que afundiuse foi unha inmensa estrutura de formigón de 60 metros de largo por 10 de ancho e 30 cm de grosor, e isto é un peso descomunal”.

Non quixo o rexedor vigués apuntar culpables, e agardou o traballo dos profesionais: “Veremos cales foron as razóns. O Ministerio de Fomento e Portos do Estado investigarano. Eu quero sinalar a enorme capacidade da cidade para facer fronte a unha cuestión deste envergadura”.

Valorou o traballo da policía e dos bombeiros de Vigo, como conseguiron sacar a dúas persoas que quedaran atrapadas entre os bloques de cemento: “Sacalos de alí non foi fácil, e a partir de ese momento os bombeiros se dedicaron de maneira total. Eu mandeilles que continuaran ata ter a certeza total, era da maior importancia porque os familiares preguntaban, estaban preocupados”.

O peirao, durante a mañá seguinte ao accidente/ Miguel Núñez

Si apuntou o seu malestar ao “escoitar ao presidente da Xunta falar dun lugar cercano ao porto. Porque o que caeu non foi nada próximo ao porto, afundiuse o peirao”.

“Isto foi un moi grave accidente, ao que a cidade respondeu extraordinariamente ben. Os bombeiros, policía nacional e local, o sistema sanitario, Garda Civil, protección civil, servizos do porto, o servizo sanitario… Sacar a 200 chicos e chicas, case todos moi novos, tan cedo de alí, foi unha actuación extraordinaria”, celebrou, ao tempo que enviaba “unha aperta fortísima a todos os que estaban no concerto”.

Tamén aclarou que “o aforo do lugar non se excedeu nunca. E concertos similares se viñeron celebrando con seguridade total en anos anteriores. As madeiras, se estaban mal ou non, non ten nada que ver. Ninguén sabía nada do mal estado da plataforma, das grandes placas de formigón que fallaron”.

Accidente do Marisquiño/ Miguel Núñez

“Traumatismos, lesións nos cóbados, o nocello, do sacro… Son algunhas das doenzas dos aínda internados, todos eles fóra de risco para a vida: “Un mozo tivo un traumatismo cranio encefálico, pero está moi animoso. Non hai temor sobre a vida de ningún dos feridos, falei con todos”, declarou Caballero.

“Nós queremos cooperar. Unha vez que sabemos que non hai riscos graves, porque as persoas son o primeiro, comeza a investigación. Hai que investigar como puido colapsar unha estrutura desta envergadura, porque quero resaltar que a madeira era un adorno, o que colapsou foi unha inmensa estrutura. Antes de por madeiras, nesa zona se aparcaban coches. E seguramente por alí pasaron os camións que fixeron o porto deportivo. Isto terá unhas cousas que os enxeñeiros deben investigar”, resaltou.

Sobre as competencias, deixou claro que “este é un peirao, como vai unha cidade a manter un peirao? As cidades non mantemos peiraos. Eu non me ocupo do mantemento do porto. A miña competencia se acaba no momento que comeza a do porto. E tampouco tiña coñecemento do mal estado dos pivotes”.

Non asignou ningunha responsabilidade a ninguén, mais si dixo que “sería bo que o presidente da Xunta estivera onte aquí, seguramente a xente o agradecería”.

ÚLTIMAS

Estudantes de Vigo e Monforte álzanse con tres premios da competición educativa Young Business Talents

Dous equipos de alumnado do IES San Tomé de Freixeiro (Vigo) e un grupo...

A concelleira do PP de Vigo Irene Garrido presenta a súa renuncia para centrarse na súa actividade no Congreso

A concelleira do PP de Vigo Irene Garrido presentou este venres a súa renuncia...

O BNG promete ser “a primeira liña de defensa” de Vigo no Parlamento galego, fronte ao “abandono” da Xunta

O BNG trasladou este venres o seu compromiso de ser "a primeira liña de...

O TSXG confirma a sentenza dun xulgado de Vigo que declaraba legal a prórroga do servizo municipal de auga

O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) confirmou a sentenza ditada en 2022...