A Garda Civil incauta 80 litros de aguardente ilegal nun bar de Vigo

Aguardente/ Garda Civil

A Garda Civil incautou en total unha partida de algo máis de 500 litros de aguardente que supostamente se estaba comercializando de forma fraudulenta nunha bodega da comarca da Paradanta, na provincia de Pontevedra.

A actuación, levada a cabo por Patrulla Fiscal e de Fronteiras da Garda Civil de Vigo no marco das súas competencias específicas, ten a súa orixe nunha inspección rutineira que se realizou nun bar en Vigo, coa finalidade de comprobar o cumprimento da normativa sanitaria e fiscal da mercancía que estaba disposta para a venda.

No transcurso da inspección localizáronse 80 litros de aguardiente no interior de seis garrafas que carecían das preceptivas etiquetas e precintas fiscais. No interior da cociña, os
axentes atopáronse tamén con alimentos sen ningún tipo de etiquetado, segundo determina a lexislación vixente.

Aguardente/ Garda Civil

A raíz das irregularidades detectadas neste bar, unha vez tomadas as correspondentes mostras, procedeuse á inmobilización tanto do augardente como dos alimentos, e a continuación realizouse outra inspección na bodega que supostamente traía o augardente a este establecemento.

Na inspección desta bodega, que se atopa situada na comarca da Paradanta (Pontevedra), a Garda Civil localizou e precintou unha cuba con 500 litros de augardente coas mesmas
irregularidades de tipo fiscal, e nunha bodega anexa interveuse un alambique indocumentado e dous garrafas con outros 30 litros de augardente.

Como consecuencia das irregularidades detectadas instruíronse dúas actas-denuncia por senllas infraccións administrativas tipificadas na Lei e o Regulamento de Impostos Especiais.

Tanto o augardente como o alambique quedaron inmobilizados á disposición da
Axencia Estatal Tributaria que é a autoridade administrativa competente na materia.

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here