Quedan menos de 10 horas para que comece O Marisquiño, festival internacional de deportes de risco e cultura urbana que se celebrará unha vez máis en Vigo, entre o 10 e o 12 de agosto, e espera ser todo un éxito mundial como as anteriores edicións.
Para ir abrindo boca, desde Xornal de Vigo traemos esta galería de fotos do Marisquiño 2017, que demostran que estamos a falar dunha cita especial para a cidade. Saltos espectaculares… e moito máis.